twitter
rss

Bos días raparigos e raparigas. A proposta de hoxe vai en especial para estes días que estades a ser moi valentes quedando na casa e facendo as cousas perfectamente, todo vai saír ben.

A idea é que dentro da medida dos materias que teñades por casa, e da axuda que poidades ter, elaborar un teatro de monicreques para realizar as vosas obras de teatro na casa.

Teríades numerosas formas de crear os vosos propios monicreques. 

-Usando calcetíns vellos decorados co material dispoñible.
- Decorando unha culler con fíos ou outros obxectos.
- Realizando o monicreque con papel. Esta última parécenos a máis sinxela polo  que vos deixemos o enlace para que a realicedes.

FACER UNHA MARIONETA CON PAPEL

POR ÚLTIMO SERÍA DISEÑAR O  ESCENARIO.

Para iso podedes coller a tapa dunha caixa de zapatos ou calquera outra caixa, cartón, etc,  e facerlle un oco coas tesoiras e decoralo o voso gusto. Colocade esta tapa enriba dunha mesa, poñédevos por detrás e ide sacando as vosas marionetas e contando unha historia a vosa familia, seguro que o pasaredes moi ben, os rapaces e rapazas de Merza teñen unha gran creatividade.



Unha aperta.


0 comentarios:

Publicar un comentario