twitter
rss




Proceso de admisión de novo alumnado 
Curso 2019 - 2020



Do 1 ao 20 de marzo poderán solicitar praza no Ceip de Merza os alumnos que así o desexen, presentando os seguintes documentos:




no noso centro ou ben presentándoos telemáticamente (con certificado dixital ou clave 365) na seguinte web :


a través do menú: Solicitudes - Admisión - Crear  


PRAZAS VACANTES CURSO 2019- 2020

CURSO
PRAZAS
PERMANECEN
LIBRES
4º E.I.
3
0
3
5º E.I.
3
0
3
6º E.I.
4
0
4
1º E.P.
5
1
4
2º E.P.
5
3
2
3º E.P.
5
0
5
4º E.P.
5
4
1
5º E.P.
5
3
2
6º E.P.
5
1
4




Este ano os nenos e nenas do Colexio de MERZA disfrazáronse dunha das súas personaxes favoritas... os Minions!!! E para que vexades o guapo que estaba o noso alumnado deixámosvos unhas cantas fotiños no centro e no palco da música.

Moitas grazas polos doces aportados para a merendola!!


















Fundación Casa Museo A Solaina de Piloño


O pasado luns 4 de febreiro os menos e nenas de Merza acudimos a unha "escapada" pola nosa zona, visitando Piloño, Cruces e Fontao.



O primeiro foi ir ata Piloño, a visitar a Casa Museo do pintor Paco Lareo, onde nos ensinaron moitas cousas interesantes do artista e do lugar.








Tiñan mobles do más original...




E tivemos a sorte de contar coas explicacións da
 irmá do propio Paco Lareo!





E antes de irnos... unha foto de grupo ante un fermoso mural !!


Despois collemos rumbo cara á Festa do chorizo de Vila de Cruces, onde demos boa conta de filloas e chourizos quentiños...mmmm!!!



E xa para rematar a xornada de mañá, acudimos a Fontao, ao Museo Mineiro, onde vimos a exposición temporal de Energy cargada de experimentos moi interesantes!!

 















E xa de volta para o noso cole... pasamos unha mañá diferente!!!


Hoxe veu César polo noso centro para nos falar sobre as características do Entroido en Merza, e así poder preparar a actuación que os nenos de 5º e 6º terán en Piloño a finais deste mes.


Falounos do vello dos cornos, a súa orixe e a indumentaria que leva


e o sombreiro e atuendo dos Xenerais da Ulla.