twitter
rss


Neste día tentamos facer actividades que nos fixeran reflexionar sobre o papel da muller na sociedade e tomar conciencia da importancia de relacionarnos e tratarnos con igualdade e respecto, sen importar o xénero.
Para empezar o alumnado pudo analizar o rol da muller no Antigo Exipto a través dunha actividade que constaba de 4 partes:
1º Responder a un cuestionario con preguntas sobre a sociedade exipcia.
2º Visionado dun vídeo desa temática.
3º Responder de novo ao cuestionario coa información obtida do vídeo e desbotar ideas preconcebidas e estereotipos.
4ºConclusións



.
Despois enredamos dándolle a volta a unha serie de contos tradicionais. Puxemos patas arriba ese idílico mundo de príncipes e princesas cheo de estereotipos que se proxectan sobre a imaxe das mulleres. Acabamos creando en grupos a nosa propia versión de cada conto...moito máis divertida!