twitter
rss

Hi! Hoxe revisamos o presente simple (present simple) acompañado dos adverbios de frecuencia (adverbs of frecuency) con esta ficha interactiva. Como proposta de ampliación escribe un pequeno texto onde utilices ambos e envíamo ao correo do cole.


Hi kids! Non convén olvidar como se escribe a data en inglés así que nesta ficha recordamos como se debe facer; ademais das diferentes formas que existen entre o inglés americano e o británico.



See you soon!

Hi! Hoxe toca recordar o vocabulario dos animais (animals), e para iso imos a unha tenda de mascotas (pet shop). Cal mercariades vós se forades a unha? Podedes contestar nos comentarios.

PET SHOP

Bo día! Hoxe repasamos os elementos da paisaxe e a súa clasificación en naturais e artificiais. Fai clic nesta ficha interactiva.

A por ela!

Hi kids!Comezamos a semana recordando o verbo gustar (like). Pinchade no enlace de abaixo e accederedes a unha ficha interactiva. Despois de facela e como actividade complementaria podedes copiar no caderno de inglés as frases do listening. Por exemplo: Tom likes milk. Se é preciso consultade o vocabulario dos alimentos (food) no libro de texto.



See you soon!

Hi kids!Comezamos a semana facendo un repaso das rutinas diarias (daily routines) que aprendimos na clase. Seguro que recordades a maioría, podedes comprobalo pinchando abaixo.


DAILY ROUTINES

See you soon!

Hi! Empezamos a semana falando de sentimentos (feelings) en inglés. O archiconocido SpongeBob and his friends vannos botar unha man.

Click on FEELINGS

See you soon!

Hoxe, xoves 23 de  abril, celébrase o Día do Libro para conmemorar a morte de grandes autores da literatura de todos os tempos, como Miguel de Cervantes ou William Shakespeare, entre outros. Desde aquí imos rendir a nosa pequena homenaxe lendo esta short story baseada en Hamlet, a gran obra de teatro (play) de Shakespeare. A continuación do vídeo, tedes a transcrición da historia e unha ficha que podedes imprimir ou copiar nun caderno. Rematamos cunha das citas (quote) máis coñecidas desta traxedia.


"To be, or not to be, that is the question..."

Hoxe ímonos teletransportar ao colexio para poder xogar a este PASAPALABRA tan especial.


Ánimo!


Hi! Para celebrar que estamos na Semana do libro escoitaremos esta short story. A continuación da historia tedes unha actividade que podedes imprimir ou copiar nun folio.


See you soon!

Hoxe déixovos o enlace á ficha da canción xa correxida e tamén  unha proposta de actividad sobre a mesma  para cada curso. Para iso faravos falta un dicionario, que pode ser online no caso de que non teñades un na vosa casa. Podedes mandar as vosas traducións ao correo do cole ceip.merza@edu.xunta.gal.

ficha correxida


4º: traducir a 1º estrofa 

There's a place in your heart
And I know that it is love
And this place could be much
Brighter than tomorrow
And if you really try
You'll find there's no need to cry
In this place you'll feel
There's no hurt or sorrow


5º: traducir a 1º e 2º estrofa


There's a place in your heart
And I know that it is love
And this place could be much
Brighter than tomorrow
And if you really try
You'll find there's no need to cry
In this place you'll feel
There's no hurt or sorrow
There are ways to get there
If you care enough for the living
Make a little space
Make a better place
6º. Traducir a 1º, 2º e 3º estrofa
There's a place in your heart
And I know that it is love
And this place could be much
Brighter than tomorrow
And if you really try
You'll find there's no need to cry
In this place you'll feel
There's no hurt or sorrow
There are ways to get there
If you care enough for the living
Make a little space
Make a better place
Heal the world
Make it a better place
For you and for me
And the entire human race
There are people dying
If you care enough for the living
Make it a better place
For you and for me

eixámosche este xogo para que movas o esqueleto, é importante que leas as instrucións que se amosan na parte esquerda.

Unha vez que movas a ficha e chegues a casilla que che tocou, para ver o que tes que facer, terías que realizar un clic sobre a casilla.

Alumnado de Merza , debido a problemas técnicos houbo xente que o mércores non logrou acceder á videoconferencia para saudar e contar como levaban o proceso.


En ocasións, en función do ordenador, táblet ou móbil é preciso descargar o programa.  Comezaremos mañá  17 DE ABRIL ÁS 11.30, se non vos deixa acceder a esa hora probade 10 minutos máis tarde. 

https://www.youtube.com/watch?v=BUp6_7ZfcDk&feature=youtu.be

MOI IMPORTANTE, Ó IGUAL QUE NA AULA, AS NORMAS DE DIÁLOGO, CON EDUCACIÓN E CORTESÍA SON MOI IMPORTANTES. E UN RECURSO EDUCATIVO PARA LEVAR ESTA SITUACIÓN O MELLOR POSIBLE. UNHA APERTA. 

Para os casos que non se precise descargar, simplemente terían que entrar nesta páxina:

Para ambos casos os códigos para a reunión do venres ás 11.30 serían os seguintes (son exclusivos para nós e esa hora, cada reunión ten un código novo)
Escribir estes códigos.
NÚMERO REUNIÓN : 232 385816
Contrasinal: 3333.  (fíxate que o contrasinal leva un punto ó final)

CALQUERA DÚBIDA, NO MOMENTO DA REUNIÓN ESTARÁ ABERTO O CORREO (veronicacg@edu.xunta.gal)  POLO QUE PODEDES ESCRIBIR.

.

 Song Heal the world! by Michael Jackson


O cantante Michael Jackson escribiu esta canción nunha árbore do seu rancho Neverland e, nestes días que estamos a vivir, parece cobrar máis sentido ca nunca. 
Déixovos un link cunhas actividades que podedes realizar en relación coa letra (lyrics) desta fantástica canción, non sen antes escoitala unhas cantas veces...

Curemos o mundo entre todos!

A través de este xogo repasaremos as normas de convivencia básicas para que todos nos sintamos respetados. 

A xogaaar!

Hi kids!We´re back again! Hoxe anímovos a escoitar unha canción sobre deportes (sports). Despois de ver o vídeo e cantala podedes facer unha actividade que consiste en poñer en orde as frases da canción (Click on Game) e tamén unha ficha (click on Print an activity).

https://learnenglishkids.britishcouncil.org/songs/i-can-run

See you soon!

Alumnado de Merza , andamos revisando un recurso para vernos a través de internet, é proposto pola xunta polo que é seguro.



 Aquí vos deixo os pasos para que lle vaiades botando unha ollada, precisaría saber se todos tedes un ordenador ou táblet con cámara web, e se ás 11.00 vos sería posible facer a conexión. Comezaremos mañá con 15 minutos.

Que vos parece?

MOI IMPORTANTE Ó IGUAL QUE NA AULA, AS NORMAS DE DIÁLOGO, CON EDUCACIÓN E CORTESÍA SON MOI IMPORTANTES. E UN RECURSO EDUCATIVO PARA LEVAR ESTA SITUACIÓN O MELLOR POSIBLE. UNHA APERTA. 

Os pasos a seguir serían, entrar nesta páxina: 

E escribir estes códigos, (son exclusivos para nós de 11.00 a 11.15)
NÚMERO REUNIÓN : 840 531 003
Contrasinal: 4444.  (fíxate que a contrasinal leva un punto ó final)

NON HAI QUE REXISTRASE. CALQUERA DÚBIDA EU TEREI O CORREO ABERTO POLO QUE PODÉDESME ESCRIBIR.

REVISADE ESTE VÍDEO PARA VER OS ASPECTOS MÁIS IMPORTANTES.


Hello kids!We´re back again...Hoxe imos responder a unhas preguntas sobre a Pascua (Easter). Podedes facelo na libreta ou nun folio. Trátase de contar en inglés como a celebramos, que é o que máis nos gusta desta época e que sabemos sobre  ela. Antes de facelo podemos ler os comentarios que escribiron outros nenos/as sobre a Pascua no seus países. Lembrade que podedes mandarme as vosas respostas a ceip.merza@edu.xunta.gal



See you soon!

Agora que estamos na Pascua quero propoñervos un xogo típico desta festividade que seguramente coñezades, e que podedes levar a cabo estes días, Easter egg hunt. Trátase de esconder uns ovos de chocolate ou calquera outro doce (treat) en diferentes lugares dentro da casa ou fóra, no xardín, aqueles privilexiados que o teñades. O primeiro paso é elaborar unha serie de pistas que se seguirán na busca dos ovos. Este xogo aúna competición e tradición e non entende de idades, así que animádevos e xogade en familia.


Boy collecting chocolate eggs



Let´s play and enjoy!

Hoxe déixovos un enlace a un vídeo dunha short story. Ademais, despois de velo, tedes un xogo e unha ficha sobre a historia que poderedes imprimir. Tamén están dispoñibles as solucións para poder correxila.


             5º , 6º

See you soon!

No día de hoxe publicaranse as cualificacións da segunda avaliación na aplicación abalarMóbil. Se alguén ten problemas con ela que contacte co centro a través do correo electrónico e farémosllas chegar por mail. 

Un saúdo!

Watch  this story about animals in a zoo.

Enjoy it!

Exercicios co verbo ´to be´. Non convén olvidar o aprendido!


            
 
See you soon!

Aquí vos deixo a corrección das fichas que colguei a semana pasada. Por cuestións de formato (unir con frechas...) algún exercicio non está corrixido pero podedes consultar o vocabulario no libro e correxilo vós mesmos. E recordade que para aclarar calquera dúbida podedes utilizar tanto este blog como o correo do cole ceip.merza@edu.xunta.gal







See you soon!