twitter
rss



Hoxe mércores 26 de abril o alumnado do Ceip de Merza foi de visita ao Abelleiro de Portodemouros, onde puideron observar a organización dunha colmea, a vida que levan as distintas abellas e a súa función na natureza. Se queredes visitar a súa web podedes vela aquí.

 

Tamén fixeron dous obradoiros: 

* un de envasado do mel, coas súas propias mans!






















* outro de elaboración de dúas fermosas candeas de cera!


Aprenderon moitas curiosidades sobre o mundo das abellas e levaron un botiño de mel para casa para degustar este manxar tan delicioso.

Aquí deixamos unha chea de fotografías para lembrar este día tan especial. Disfrutádeas!