twitter
rss


Ao longo do mes de marzo en Educación Infantil coñecemos o corpo humano. Realizamos moitas actividades diferentes: aprendemos a diferenciar as partes do noso corpo, a describirnos a nós mesmos e aos compañeiros, a importancia de manternos fortes e saudables e coñecemos o nome dalgún dos nosos ósos, entre outras. 

Queredes ver algunhas das fotos da nosa experiencia? 









Aprendemos a colocar as partes da cara correctamente. Pegamos e despegamos as veces que queiramos gracias ao velcro. 



Debuxamos a silueta do compañeiro en láminas de cartón. 




Recortamos e pintamos a nosa silueta. 




Escribimos as principais partes do corpo en pequenos papeliños. 




Pegamos cada un os nosos papeis coas partes do corpo na nosa silueta. 





 




Tamén coñecemos o traballo dos médicos que nos tratan: pediatra e dentista. Creamos un estetoscopio e transformámonos en pediatras por un día. Medimos aos nosos compañeiros, escoitamos o seu latexo e anotamos os resultados. 





Aquí estamos coñecendo os principais ósos do noso corpo. Sinalamos para que os compañeiros nos digan cales son, a ver se acertan! 




Todas estas actividades e algunha máis van recollidas no noso libro das partes do corpo que levamos para a casa. 

Xa estamos pensando na seguinte aventura! 

3 comentarios:

  1. Que guapos mola un montón

  1. Unha actividade chulaza!

  1. E como fachandea na casa co que aprendeu.

Publicar un comentario