twitter
rss

 Co fin de participar no concurso de curtametraxes animadas en lingua galega "Nós tamén creamos" o Ceip de Merza elaborou un bonito Stop motion baseado no libro de "Troco" da editorial Oqo.




Grazas a todos/as pola vosa axuda!!








E agora podedes ver o making-of de "Troco":








Curso 2013/2014



Hoxe venres Cristina, Mariela e Maica foron a Santiago á recollida de premios do concurso do ano pasado Nós tamén creamos! en representación de todo  o Colexio de Merza.

O acto foi moi bonito e acudiron representantes da Tvga, de Política Lingüistica, da Editorial OQO e o Conselleiro de Educación Jesús Vazquez Abad.



Proxectáronse os cortos gañadores (entre eles o noso!) e todo o mundo aplaudiu moito o traballo dos nosos alumnos.

Como premio xa nos enviaran unha televisión para o centro, pero hoxe fixéronnos entrega dun diploma de ter gañado o premio e un lotazo enorme de libros da editorial OQO.



Noraboa a todos, rapaces!! A ver se este ano somos capaces de repetir a experiencia co mesmo éxito!!

1 comentarios:

  1. Parabéns pola obra e polo premio.

Publicar un comentario