twitter
rss

Como actividade para a materia de plástica realizamos unhas gafas 3d caseiras que puidemos probar na clase.  Aí van algunhas fotos...  Bo traballo rapaces!!


Durante o curso fomos realizando varias iniciativas que levaban por obxectivo adquirir uns hábitos alimentarios saudables ( comendo froita variada)  e mellorar en xeral a nosa saúde,  contribuíndo a prevención da obesidade.
Como premio e polo bo traballo e compromiso coa alimentación saudable,durante toda a semana desfrutaremos e degustaremos froita nos recreos.  Bo traballo rapaces!






Moitos dos nosos alumnos e alumnas participaron na carreira popular do Galo en Vila de Cruces.  A nosa compañeira Lorena  acadou unha medalla,  Noraboa!!

O xoves 25 desprazámonos ata Vila de Cruces para xunto con outros coles da zona desfrutar duns xogos populares e despois fomos ata o auditorio a desfrutar dunha fabulosa actuación de Odaiko.  Pasámolo Xenial!



Hoxe celebramos cumpre de Teresa ( 10 anos).  Cantámoslle e celebramos con Tere o seu aniversario.  Parabéns! !



Durante dous meses traballamos na aula de Educación Infantil un proxecto sobre os alimentos e a alimentación saudable. É un tema importante no noso día a día o que espertou moito interese entre os alumnos/as. Fixemos moitas actividades: menú saudable, a importancia do almorzo, alimentos salgados e doces, clasificación dos alimentos, nova pirámide dos alimentos 2017, a importancia da hixiene, etc. Moitas delas foron xurdindo durante o día a día na aula, polo que foi moi divertido e espontáneo. Deixamos por aquí algunhas fotos do noso traballo e esperamos que vos gusten. Nós pasámolo en grande! 


Fixemos a nosa pirámide dos alimentos. 








Traballamos con froitas e verduras en plástica. 




A importancia da hixiene na alimentación. 





No recuncho do xogo simbólico levamos a cabo unha actividade na que cada día, un de nós sería o encargado dunha tenda. Encantounos comprar e vender alimentos. 







Para rematar o proxecto creamos o noso propio gorro de cociñeiros/as e fixemos unha macedonia de froitas para todo o cole. Que rico!






E aquí está o noso libro dos alimentos onde levamos para a casa todas estas actividades e moitas máis que aprendemos deste proxecto. 


O 17 de maio celebramos en Galicia o Día das Letras Galegas. Na aula de Educación Infantil estivemos a traballar desde hai un tempo para coñecer tamén un pouco da nosa cultura. Situamos Merza no mapa de Galicia, falamos da comida típica, os traxes e instrumentos  tradicionais. Ademais coñecemos a Carlos Casares e a súa obra "A Galiña Azul". Aquí vos deixamos algunhas das nosas fotos. 










Somos os super heroes da lingua galega! 






Traballamos o conto de Carlos Casares "A GALIÑA AZUL"






Tamén fixemos todo o colexio un mural das Letras Galegas!


Hoxe día 10 de maio o noso compañeiro Pablo cumpriu 10 anos.
Todos xuntos celebramos con él o seu cumpre!!  Ao día seguinte os seus compañeiros/as e amigos/as de clase entregámoslle uns agasallos feitos con todo o noso cariño!!!  Parabéns Pablo,  que desfrutes do día!!



Hoxe o alumnado de 4°, 5 °e 6° de primaria realizamos unha manualidade para celebrar o día da nai.  Un agasallo para as nais que nos axudan moito todos os días.  Vexamos o resultado do voso traballo:






  
Bo traballo rapaces!! 
..............................................................


A maiores e seguindo coas sesións de contacontos,  baixamos a infantil a contarlle o conto: Mamá, ti sempre me entendes!!  . Neste caso tocoulle a Cris e a Uxía.  (Día da nai) 







MOITOS PARABÉNS SUSANA!