twitter
rss







 O pasado martes 16 de maio de 2019 veu ao noso centro educativo a Axencia EFE para conseguir imaxes fixas e de vídeo sobre unha escola rural, coma a nosa. E aquí temos as fermosas fotos que recollen parte da nosa actividade didáctica diaria.


















E xa por último un enlace ao vídeo que realizaron no noso centro que sempre quedará para o recordo...




Hoxe mércores 15 de maio de 2019 os nenos e nenas do Ceip de Merza foron coas súas mestras ata A Coruña para realizar diversas actividades.


Primeiro fixemos unha visita moi interesante ao Aquarium Finisterrae.




Nada mais entrar no acuario tivemos a sorte de chegar á hora de alimentar as focas do recinto e saímos ao exterior para velo.













A continuación baixamos ata a Sala Nautilus, que sería como estar a bordo deste "mirador subterráneo"

 E para iso descendimos á parte inferior do recinto...










 Logo voltamos ás salas superiores do edificio para aprezar belezas como estas...







E á saída do Aquarium Finisterrae puxemos rumbo ata o pé do Monte de San Pedro, onde tivemos a mala sorte de non poder subir no elevador, por estar hoxe pechado...





Total que subimos en bus ata o Mirador do Monte de San Pedro onde tras a comida os rapaces e rapazas disfrutaron dun grande labirinto vexetal e dun parque infantil.





Fotos cos cañóns do mirador...





E xa para despedirnos da cidade que mellor que acercarnos ata a Torre de Hércules.





E de volta para Merza... un día completo !!!