twitter
rss


"Non estou de acordo co que dis, pero defenderei coa miña vida o teu dereito a expresalo"

                                             Voltaire, filósofo.

Hoxe venres 2 de febreiro os alumnos e alumnas do Ceip de Merza celebramos o entroido, para o que fixemos uns bonitos disfraces de EMOTICONOS.

Cada un levaba un xesto diferente pero faciamos un bo conxunto tal e como se aprecia nas seguintes fotografías:














E despois do paseo pola Moa unha rica merenda con produtos do entroido... deliciosos! Grazas a todos pola vosa colaboración!




 Todos e todas a disfrutar do Entroido 2018!!



Cinco centros escolares do municipio de Vila de Cruces organizaron onte, día 1 de febreiro,  os atranques Escolares dos Xenerais da Ulla. 

O evento tivo lugar no auditorio municipal Xosé Casal de Vila de Cruces. 

O IES Marco do Camballón e os colexios Ramón de Valenzuela de A Bandeira, Nosa Señora da Piedade de Cruces, Cerdeiriñas de Piloño y el Ceip de Merza organizaron o evento en colaboración coa Asociación Cultural Vello dos Cornos, a Asociación amigos dos Salgueiros e o Concello de Vila de Cruces

Deixámosvos algunha das fotos do acto:









e vídeos dos propios atranques:



Moi ben, rapaces!

O pasado martes 30 de xaneiro celebramos o día da Paz no Ceip de Merza. Xa sabemos que todos os días debe reinar a Paz pero hoxe quixemos celebralo dun xeito moi especial...




Fixemos unha serie de xogos cooperativos nos que para poder avanzar dependiamos uns dos outros e tiñamos que cooperar.

 E xa para rematar e lembrar todas as cousas boas que nos pode aportar a Paz, que mellor cousa que "debuxala" cos nosos corpos no chan do ximnasio?
  

Aí quedamos ben retratados, tanto coa palabra    "PAZ !




como coa súa tradución inglesa "PEACE"


Feliz Día da Paz para tod@s !!