twitter
rss

Aquí podedes consultar as listaxes definitivas dos admitidos no Fondolibros.



LISTAXE DEFINITIVA FONDOLIBROS


Aquí podedes consultar as listaxes provisionais de admitidos nas axudas para adquisición de libros e material escolar (vales) e fondolibros.



LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS FONDO LIBROS



As persoas interesadas poderán reclamar nos dous días seguintes a esta publicación.


Teléfono de atención do centro: 674587678
Correo electrónico: ceip.merza@edu.xunta.gal

O prazo para matricularse no centro por 1ª vez para o curso 2020-2021 será do 22 ao 25 de xuño (ambos inclusive) en horario de 10:00 a 14:00 h. 


➬Documentación a entregar no  centro:

  1.  Formulario a cubrir. ANEXO
  2.  Fotocopia do DNI dos pais ou titores legais.
  3.  Fotocopia do Libro de familia.
  4.  Fotocopia da tarxeta sanitaria.
  5.  2 fotos tamaño carné.
  6.  Certificación médica expedida polo pediatra.
  7.  Certificado de empadroamento expedido polo Concello.
  8.  Certificado de minusvalía, se é o caso.
  9. A solicitude terá que estar asinada por calquera das/dos titulares da patria potestade ou representantes legais. No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambas/os proxenitoras/es, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. En ambos casos, será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, a resolución xudicial correspondente para o seu cotexo polo centro educativo.
  10. Certificado do centro do que proceden no que conste o ano e ciclo que cursou ( só aqueles que fagan un traslado de colexio)

TELÉFONOS DE CONTACTO:  886151758 / 674587678
CORREO ELECTRÓNICO: ceip.merza@edu.xunta.gal

Bos días rapazada de Merza!!! Hoxe chega o último día de curso e teríamos que estar de festa no cole.
Como esto non pode ser, deixámosvos este pequeno genially cheo de lembranzas e un xogo final, esperamos que vos guste.
Unha aperta enorme para todos e todas e vémonos en setembro coas pilas cargadas, felices vacacións.


PARA CONSEGUIR O NÚMERO SECRETO  TEDES QUE PASAR POR TODOS OS DESTINOS

Pinchando no enlace podedes acceder á listaxe de libros de texto para o vindeiro curso 2020-2021.


Bo día! nesta última semana de curso déixovos 2 actividades sobre 2 temas que non nos dou tempo a ver por mor do Covid-19. A primeira é sobre a Terra e a segunda é un vídeo sobre o universo. De seguro que xa saberedes moitas cousas sobre ambos temas tan interesantes, pero sempre está ben ampliar o noso coñecemento.

Bo día! Mañá, xoves 18, ás 12 da mañá, temos programada unha videoconferencia para despedirnos de maneira telemática, xa que non pode ser presencial, tal e como nos gustaría. A continuación, déixovos o enlace e os datos para poder unirvos á reunión.

Enlace:  www.eduxunta.webex
Número de sesión:  121 301 5846 
Contrasinal:  kP9dDPZmm37  (ollo coa alternancia maiúsculas e minúsculas)

Non faltedes!