twitter
rss

CURSO 2015-2016



 Hoxe mércores 27 de Xaneiro os nenos de 3º, 4º e 5º de Educación Primaria fixemos unha representación teatral / musical para o resto dos alumnos do noso colexio: "Pedro e o lobo" de Sergei Prokofiev.

Elaboramos todo o decorado na nosa aula de plástica en ratiños libres que imos gañando entre clases, nalgún recreo... 
coa fin de que todo quedase PER-FEC-TO!.

E chegado o día... personaxes en acción!!!
 


  UN FORTE APLAUSO PARA OS NOSOS ARTISTAS!!!
____________________________________________________

E para os que teñades curiosidade sobre a historia, deixámosvos unha chea de enlaces moi interesantes sobre a historia de
 Pedro e o lobo.


<iframe src="https://player.vimeo.com/video/19893028" width="500" height="277" frameborder="0" webkitallowfullscreen mozallowfullscreen allowfullscreen></iframe> 


Máis recursos e actividades na rede


Xogo sobre o conto da orquestra sinfónica de Euskadi.
Adaptación do conto presentada en Slideshare.
Pedro e o lobo, actividades escritas.
Crucigrama Educaplay sobre Pedro e o lobo.
Actividades JClic sobre a obra Pedro e o lobo.
Xogo para adiviñar os instrumentos relacionándoos coas personaxes de Pedro e o lobo.



 CURSO 2014-2015 
 
A semana pasada os rapaces de Infantil e 1º Ciclo de Primaria animáronse a bailar e cantar a canción "O Camaleón" do libro "Animales encantadores" de Susa Herrera. 



Primeiro deixámosvos o vídeo da propia Susa para que aprendades a letra, o estribillo e os xestos principais...



E agora imos todos xuntos a bailar e cantar! 
Animádevos e mirade que ben o facemos nós!




Un aplauso para todos eles!!

_________________________________________


Os nenos e nenas de infantil en 1º ciclo queren amosarvos o ben que fan o Baile do Cadrado, aquí os tedes...


 Tamén saben facer ritmos corporais coa canción "Chocolate", mirade que bonito...
  Outro ano máis voltamos a bailar danzas de diferentes lugares do mundo...  e hoxe tocoulle o turno á "Westphalia Waltz" de USA  
  En realidade esta danza non é alsaciana, nin sequera a melodía é alemana, como pode levar a engano o seu título.  A melodía é norteamericana e a coreografía é de Estela Baños e Miguel Cobo. Agardamos que vos guste...  
Hoxe, 30 de setembro de 2013, queremos despedir o mes cunha pequena melodía interpretada polos alumnos do segundo e terceiro ciclo de Primaria. Para iso empregaron os intrumentos de percusión determinada da nosa Aula de Música. Agardamos que sexa do voso agrado!  
Curso 2012/2013

Abrimos un apartado no blogue referido a danzas de distintas partes do mundo, co fin de achegarnos un pouco a diversas culturas a través do mundo do baile.                         Agardamos que vos gusten!
Os alumnos de cuarto, quinto e sexto de primaria hoxe queren deleitarvos cunha danza de orixe xaponés  que escenifica a recollida do arroz.
 
Agora turno para unha danza do foklore americano: Oh, Susana!
 
E se agora desmelenámonos un pouco co súper exito coreano de Psy: Gangnam Style ?
Hoxe viaxamos ata Dinamarca para ensinarvos un novo baile, a Danza dos 7 saltos... xa entenderedes por que se lle chama así...
 

5 comentarios:

  1. jajajjaj Qué divertido!! sobre todo cando nos intentan explicar na casa o baile...ajajja
    Parabéns!

  1. Están todas moi ben, pero, sen ningunha dúbida, quédome coa de orixe xaponés.
    Sobre o minuto 1:55 daríalle un óscar en fotografía e iluminación. Encántame a maneira na que se ve a paisaxe e como entran as raiolas pola ventá... :)
    (Iso que o Ramón lle acababa de tocar o traseiro á filla...)

  1. está fenomenal o traballo que fas cos rapaces. Encántame velos bailar, tanto no baile guiado como no desmelenado. A verdade que me sorprende ver a Ramón con tanta soltura, e me encanta! NOraboa e moito apoio ao teu traballo!

  1. Está moi ben o traballo que facedes!!!!!!!!!!!!!!! Que ben bailan estes nenos e nenas. Moitos bicos para tod@s

  1. Grazas a todos polos vosos comentarios e felicitacións..!!!

Publicar un comentario