twitter
rss

Fai unhas semanas os responsables do departamento de deportes do Concello invitáronnos a participar en dúas sesións de inicio á loita grecorromana.

Na primeira sesión participaron todos os nenos do cole no noso propio ximnasio...





e na segunda sesión viaxaron os maiores do centro ao colexio de Cruces, onde compartiron sesión cos alumnos de Cruces, Forcarei e Silleda. Toda unha experiencia!






 Noraboa ós nosos campeóns!


Como sabedes, dende o principio deste curso, os nenos do CEIP de Merza levamos desenvolvendo un proxecto apaixoante de PenPals coa escola Tower Hill, en Delaware, Estados Unidos. 
A través desta experiencia poidemos intercambiar cartas e fotos cos nosos novos amigos americanos. Isto serviunos para aprender moitas cousas da cultura deste país e, por suposto, tamén para mellorar a nosa competencia comunicativa en lingua inglesa. 
Pero onte ás 4:30 pm (10:30 am alí) por fin puidemos vernos "face to face", a través dunha conversación vía skype. Foi emocionante! Presentámonos, cantámoslles unha canción e fixemos un super quizz para ver canto sabían eles de nós e nós deles.
Dende agora levaremos para sempre no recordo a este grupo de rapaces e rapazas cos que, durante o curso 15/16, nos mensaxeamos e cos que, quizáis, algún día nos poidamos ver aquí ou acolá. 
O máis importante é que descubrimos que, independentemente da nacionalidade, a raza, a cor ou o idioma todos somos nenos, coas mesmas inquedanzas, con sentimentos que son transversais e universais e que nos conectan a pesares de estar a milleiros de Kilómetros de distancia.