twitter
rss


Nada mellor ca unha homenaxe aos Beatles para despedir o curso 2016/2017. E, de paso recordamos que a música é un recurso ideal para aprender inglés. Happy holidays!


Hoxe celebramos por adiantado o aniversario de Senén e Antón.

MOITOS PARABÉNS!







Tras varios días de ensaios e probas, os rapaces de 4º, 5º e 6º por fin gravaron os seus propios playbacks!

Nun primero momento gravaron na aula de música a canción que cada un tiña escollida e logo no patio / ximnasio gravaron os seus propios vídeos musicais.

As cancións escollidas foron as seguintes:

MARÍA E LEONOR: DESPACITO


ALBERTO: DUELE EL CORAZÓN



LORENA: SÚBEME LA RADIO



 CRISTINA: LA BICICLETA



TERESA: PARAÍSO



UXÍA: SINGLE LADIES



PABLO: OSITO GOMINOLA




Noraboa, artistas!!

Hoxe por fin rematamos coa maqueta en 3D.  Temos que darlle as grazas ós nosos compis de 4º,5º e 6º que nos axudaron moito para poder así rematala en tempo. MOITAS GRAZAS pola vosa axuda!!!!
Aquí podedes ver o resultado do voso fabuloso traballo unha vez colocada!!!1 A seguir así!!!









Hoxe venres 9 de xuño fomos de visita á Semana Verde na veciña localidade de Silleda.




Alí vimos un montón de expositores e visitamos 4 stands principais:

- o das aves de cetrería: onde vimos falcóns, aguias, miñatos, mouchos... e nos explicaron moitas características sobre a vida destas aves. 

- o de tiro con arco, onde nos ensinaron a coller o arco de madeira e apuntar a unha diana cunha frecha de cores. Moi entretido!













- o de Gadis, onde puidemos xogar a varios xogos populares e saltar nun mini castelo inchable.





- o de Eroski, onde estaba a Patrulla Canina para facerse unhas fotos con nós e botar  uns bailes e unhas monitoras que nos fixeron uns bonitos debuxos nos nosos brazos!











Entre obradoiros diversos e risas pasamos toda a mañá en Silleda.

Moitas grazas por invitarnos! Ata a próxima!

 

Hoxe chegounos a todos un agasallo moi especial... 4 paláns e 4 billardas ou estornelas feitas en madeira de castaño.  Grazas ó pai da nosa compañeira Teresa( Miguel Goris)  por tan excelente traballo.Moitas grazas de parte de todo alumnado e mestres.   Hoxe tivemos a oportunidade de probalas estornelas tal e como se facían antigamente. Agora so queda que disfrutedes con este e outros xogos populares que vamos a practicar... Aqui podemos ver unhas fotos do fabuloso material! ¡¡...






Agora a practicar e  coidalo pa que dure moitos anos!! 

Grazas Miguel G. 


Nada máis chegar a Vilagarcía subimos a bordo dun fermoso tren turístico que nos ensinou todas as marabillas da vila e levounos ata Vilanova de Arousa. 

Polo camiño a conductora foinos explicando moitas
 curiosidades da zona que non coñeciamos.

 








A continuacion fomos facendo unha pequena ruta polo paseo marítimo que une Vilagarcía con Carril, onde fixemos unha "parada técnica" para pegarnos un baño no mar... mmmmmmmmmm










E logo directos ao parque / pinar para comer á sombra e logo disfrutar dos columpios, da tirolina...e dos xeados pasárono bomba!






Ata a próxima saída!!!