Nas vindeiras semanas abriremos un novo proxecto na aula de 1º, 2º e 3º curso de Primaria, sobre o temas das plantas e o desenrolo a partir de sementes.
Xa temos na clase todo listo e preparado para
comezar a nosa andaina:
Primeiro comezamos por meter unhas fabas, uns garavanzos e unhas lentellas nunhas caixas plásticas, no medio de algodóns humedecidos... e a agardar uns días a ver que sucede...

¡Oh, xa están comezando a brotar!
Cada unha de nós fixo o seu propio "semilleiro" cuns exemplares brotados de cada semente, para ver como se van
a desenrolar as difentes partes da planta:
raíz- talo - follas.
Deixamos pasar uns días e coidamos que as nosas plantas teñan luz e auga... polo que o resultado foi excelente!
Mural sobre as plantas que realizamos entre todos... logo traballamos individualmente diversas fichas sobre
os vexetais e as
súas características
como seres vivos.
As plantas xa están listas para seren transplantadas...a unhas fermosas macetas color laranxa
Tamén saíron os brotes de cabaza... xenial!










20 de diciembre de 2012 a las 20:21
Y quedan genial en casa. Un trabajo estupendo. Cristina (mamá de Lorena)