twitter
rss

Durante toda a semana celebramos Samaín nas aulas do CEIP de Merza. Aproveitando a visita dos nenos de 1º, 2º e 3º á aula de Educación Infantil, fixemos manualidades para celebrar esta festa. Creamos sombreiros de araña e caretas de gato. QUE MEDO!

Pasámolo xenial!!!









Nesta semana, e pouco a pouco fomos decorando a porta da nosa clase. Seguiremos a semana que vén facendo moitas máis cousas... 

Así nos quedou a nosa PORTA "MOMIA"...
PORTA MOMIA  de 4º, 5º e 6º
                                             


                                          BO TRABALLO RAPACES!!!!

.........................................................................................................

Hoxe coloreamos unhas fichas relacionadas co Samaín e con Halloween, e grazas ó programa QUIVER puidemos observar como os nosos debuxos cobraban vida ... aquí podemos ver algunha foto...

                 
LORENA  manexando o QUIVER

Manexando e interactuándo co programa

Algúns traballos feitos...
e máis debuxos...



O programa QUIVER é totalmente gratuito (descargable co google play ou similar para android) ou

da páxina  WWW.QUIVERVISION.COM.  Encantounos ver  como os nosos propios debuxos , coas

 nosas cores e formas cobraban vida e interactuaban con nós.  XENIAL RAPACES  A SEGUIR!!!

...................................................................................................................................................................

Outros traballiños e adornos...


 















........................................................................................................
 

 

.....................................................................................................................................................
 o DÍA DO SAMAÍN os alumnos de 4º, 5º e 6º contámoslles uns contos de medo ó resto do cole e  realizamos uns xogos  de medo no patio, ademais comemos unhas chuches que daban moito medo.


                   BO TRABALLO

                                      RAPACES!!!!!



Hoxe comezamos a realizar unha actividade interna que se chama  (Preparados para A MILLA). Durante uns meses (ata Febreiro ) percorreremos varias distancias. O obxectivo e chegar a febreiro coa capacidade física de todos mellorada e poder facer unha milla(1600 metros). Ó principio costaranos un pouco seguir o ritmo , pero xa veredes como segundo vaia pasando o tempo o noso corpo irase adaptando ó esforzo físico e resultaranos cada vez máis fácil manter o ritmo e conseguir o obxectivo final. Iremos subindo fotos de diferentes días.:

Foto do 1º día, toma de contacto: Ainda nos queda por mellorar pero con esforzo conseguirémolo!!! 

..................................................................................................................................................................

SEGUNDO DÍA:



Hoxe non puidemos completar o traballo por condicións climatolóxicas adversas, pero fixemos a metade do percorrido... seguimos coa preparación!!!!!

...................................................................................................................................................................
TERCEIRO DÍA :


Coa chegada do bo tempo aproveitamos para seguir preparándonos para a milla.
.........................................................................................................
 







 



Para comezar o curso, fixemos unha actividade referida ó corpo humano, onde tivemos que : colorear, recortar con moito coidado e posteriormente ir unindo as diferentes partes do corpo.
Fixéstelo moi ben!!!!! A seguir así!!!!

O NOSO CORPO!!!!




Hoxe realizamos entre todos unha pequena tarefa (na que tivemos que buscar, recortar e pegar,...) de afianzamento referida ós produtos elaborados e as materias primas, aquí está o voso traballo !!!!!

Moi ben rapaces!!!!!!


Hoxe en Educación Infantil fixemos unha cata de froitos de outono. Coñecemos a granada, os caquis, as noces, as améndoas, as abelás, as castañas e as uvas tintas. O caqui e as uvas gustáronnos moito. O froito que menos nos gustou foi a granada. Dos froitos secos encantáronnos as noces. 

QUE BO ESTABA TODO!!























Os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º de Primaria coñecemos en Educación Plástica a Vicent Van Gogh. Fixemos un breve percorrido pola súa vida e a súa obra e recreamos "Los Girasoles". Utilizamos témperas, rotuladores e ceras. 























Na aula de Educación Infantil, os nenos e nenas de 3 e 4 anos traballamos moito para facer o noso mural de outono. Pintamos con pintura de dedos, ceras e rotuladores. Utilizamos esponxas e pinceis. Ademais recortamos e picamos. O que máis nos gustou foi recoller follas secas no patio. Por último, entre todos, montamos o mural. 

Pasámolo xenial! Esperamos que vos guste!!!