twitter
rss

Aquí podedes consultar as listaxes definitivas dos admitidos no Fondolibros.



LISTAXE DEFINITIVA FONDOLIBROS


Aquí podedes consultar as listaxes provisionais de admitidos nas axudas para adquisición de libros e material escolar (vales) e fondolibros.



LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS FONDO LIBROS



As persoas interesadas poderán reclamar nos dous días seguintes a esta publicación.


Teléfono de atención do centro: 674587678
Correo electrónico: ceip.merza@edu.xunta.gal

O prazo para matricularse no centro por 1ª vez para o curso 2020-2021 será do 22 ao 25 de xuño (ambos inclusive) en horario de 10:00 a 14:00 h. 


➬Documentación a entregar no  centro:

  1.  Formulario a cubrir. ANEXO
  2.  Fotocopia do DNI dos pais ou titores legais.
  3.  Fotocopia do Libro de familia.
  4.  Fotocopia da tarxeta sanitaria.
  5.  2 fotos tamaño carné.
  6.  Certificación médica expedida polo pediatra.
  7.  Certificado de empadroamento expedido polo Concello.
  8.  Certificado de minusvalía, se é o caso.
  9. A solicitude terá que estar asinada por calquera das/dos titulares da patria potestade ou representantes legais. No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambas/os proxenitoras/es, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. En ambos casos, será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, a resolución xudicial correspondente para o seu cotexo polo centro educativo.
  10. Certificado do centro do que proceden no que conste o ano e ciclo que cursou ( só aqueles que fagan un traslado de colexio)

TELÉFONOS DE CONTACTO:  886151758 / 674587678
CORREO ELECTRÓNICO: ceip.merza@edu.xunta.gal

Bos días rapazada de Merza!!! Hoxe chega o último día de curso e teríamos que estar de festa no cole.
Como esto non pode ser, deixámosvos este pequeno genially cheo de lembranzas e un xogo final, esperamos que vos guste.
Unha aperta enorme para todos e todas e vémonos en setembro coas pilas cargadas, felices vacacións.


PARA CONSEGUIR O NÚMERO SECRETO  TEDES QUE PASAR POR TODOS OS DESTINOS

Pinchando no enlace podedes acceder á listaxe de libros de texto para o vindeiro curso 2020-2021.


Bo día! nesta última semana de curso déixovos 2 actividades sobre 2 temas que non nos dou tempo a ver por mor do Covid-19. A primeira é sobre a Terra e a segunda é un vídeo sobre o universo. De seguro que xa saberedes moitas cousas sobre ambos temas tan interesantes, pero sempre está ben ampliar o noso coñecemento.

Bo día! Mañá, xoves 18, ás 12 da mañá, temos programada unha videoconferencia para despedirnos de maneira telemática, xa que non pode ser presencial, tal e como nos gustaría. A continuación, déixovos o enlace e os datos para poder unirvos á reunión.

Enlace:  www.eduxunta.webex
Número de sesión:  121 301 5846 
Contrasinal:  kP9dDPZmm37  (ollo coa alternancia maiúsculas e minúsculas)

Non faltedes!


O venres 19 de xuño publicaranse as cualificacións da avaliación final deste curso 2019/20 na aplicación abalarMobil. Se alguén ten problemas con ela que contacte co centro e farémosllas chegar por correo electrónico.


Un saúdo!

With the song Here comes the sun by the Beatles we welcome summer time. School year is about to be over  and the holidays are knocking on our doors but we deeply wish to see you again in September, so take care of yourself and get full of energy!

 

Common Task (1st-6th): Copy the lyrics from the internet and sing along while listening to the song.


HAPPY HOLIDAYS!

Hi kids! Esta última semana deste curso tan peculiar imos adicala a repasar vocabulario relacionado co verán (summer) e as vacacións (holidays). Para iso déixovos unhas fichas interactivas coas que vos podedes autocorrixir clicando ao remate na palabra TERMINADO.




Happy holidays!



Hi kids! Esta última semana deste curso tan peculiar imos adicala a repasar vocabulario relacionado co verán (summer) e as vacacións (holidays). Para iso déixovos unhas fichas interactivas coas que vos podedes autocorrixir clicando ao remate na palabra TERMINADO.


Happy holidays!

Hi kids! Esta última semana deste curso tan peculiar imos adicala a repasar vocabulario relacionado co verán (summer) e as vacacións (holidays). Para iso déixovos unhas fichas interactivas coas que vos podedes autocorrixir clicando ao remate na palabra TERMINADO.






Hi kids! Esta última semana deste curso tan peculiar imos adicala a repasar vocabulario relacionado co verán (summer) e as vacacións (holidays). Para iso déixovos unhas fichas interactivas coas que vos podedes autocorrixir clicando ao remate na palabra TERMINADO.

SUMMER 1


Happy holidays!

Un pouco de práctica de Listening sempre ven ben. Pincha abaixo no teu curso.


4th 5th

6th

See you soon!

Repaso de adxectivos comparativos (comparative adjectives). Pincha no enlace.



See you soon!

Hoxe toca xogar a este trivial da máquina do tempo e descubrir un montón de cousas interesantes.

A por el!

O noso Senén sorprendeunos con dúas propostas de reciclaxe. No vídeo amósanos o concienciado que está co coidado do medio ambiente xa que mo podedes ver elaborou un instrumento cunha botella e uns tapóns de plástico.






A outra proposta é un floreiro a partir de tarros de cristal.




Noraboa Senén!

Hi kids! hoxe déixovos unha actividade de vocabulario relacionado con animais mariños. What´s your favourite underwater animal? Cóntame cal é o teu animal mariño favorito nos comentarios.



See you soon!

Hi kids! Esta semana imos aprender como invitar a un amigo/a ao cine. Fai click abaixo e realiza as actividades despois de escoitar o audio. 
What kind of films do you like best? Envía a resposta a esta pregunta ao correo do cole.


See you soon!

Hi kids! Esta semana imos repasar como dar indicacións para chegar a un sitio. Recordade que podedes consultar o Class Book se non recordades todo o vocabulario. Como proposta de xogo, podedes repetir na casa coa vosa familia o xogo que fixemos de recorrer o cole e etiquetar lugares, só tedes que adaptalo un pouco. Fai click ↓↓


See you soon!

Hi kids! esta semana imos de viaxe! Fai click abaixo e pon en práctica as túas listening skills con este audio sobre Londres (London). A continuación do vídeo hai diversas actividades para facer e para rematar responde ás seguintes preguntas:
What city would you like to visit this summer? Why? Envía as túas respostas ao correo do cole.

TOUR OF LONDON

See you soon!

O mércores 10 farase a entrega dos libros de texto procedentes do Fondolibros no centro educativo en horario de mañá (10:00  - 14:00). Tamén se deberán entregar os libros de préstamo da biblioteca.

O venres celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente. Ademais este ano é o 50 aniversario da conmemoración deste día. Pincha abaixo e accederás a unhas actividades relacionadas con esta celebración.


A por elas!

Hi kids! O día 5 de junio (5th June) celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente (World Environment Day). Ademais este ano é o 50 aniversario da celebración; saberiades dicir cal é o tema escollido? Clica aquí para descubrilo!


Olalla é unha rapaza que se dispón a facer limpeza no seu ropeiro porque se dá conta que ten moita roupa que non necesita. Clica aquí e adiviña que vai facer con ela.

Darlle unha nova vida á roupa é tamén unha forma de contribuír ao cuidado do planeta. Cando unha peza de roupa está vella ou rota podemos reutilizala de diferentes maneiras como, por exemplo, facendo roupa para bonecas, unha bolsa reutilizable para a compra, panos de cociña, etc.
Estas ideas entre outras aparecen no enlace de abaixo, clica nel e cóntanos que nova vida lle darías ti ás pezas de roupa que xa non utilizas. Para iso escribe 3 ideas en inglés e envíamas ao correo do cole.

CLOTHES DAMAGED

Let´s think green!

Hi kids! comezamos a semana aprendendo a facer un casco de astronauta (an astronaut helmet). Pinchade no enlace e accederedes por orde  a un vídeo, 2 xogos e unha ficha que podedes imprimir ou copiar no voso caderno de inglés.

AN ASTRONAUT HELMET

Let´s become an astronaut and have fun!

Hi kids! Comezamos a semana cunha receta (recipe) que podedes facer vós mesmos nas vosas casas.
No enlace hai un vídeo e debaixo 2 xogos (games). Tamén podedes imprimir ou copiar no caderno de inglés a ficha que aparece en Documentos _____ Print an activity for the video (a continuación dos xogos).

RECIPE

Let´s cook and have fun!

Hi kids! How old are you? Neste xogo practicamos as idades e tamén os números.

A PIRATE BOARD GAME

See you soon!

Para hoxe temos unha proposta para mover o esqueleto para o primeiro curso e segundo curso, espero que vos guste. Saúdos


.

Todos coñecemos a importancia da reciclaxe para manter a boa saúde do planeta e, polo tanto, a nosa. Se pinchades nesta  ficha interactiva accederedes a unha actividade na que teredes que depositar o lixo nos diferentes contedores e, xa de paso, serviranos para aclarar as dúbidas que temos ás veces con respecto a este tema.
Anímovos a que inventedes unha actividade de reciclaxe con calquera obxecto que atopedes pola casa (mural, manualidade, ...) e que ma enviedes ao correo do cole.
Ánimo!

Hi kids! Esta semana imos aprender como se escribe unha invitación de aniversario (birthday) en inglés. Antes de comenzar debedes realizar as actividades do enlace. Fixádevos moi ben no modelo que aparece, así so teredes que poñer os vosos datos e estará lista!

A BIRTHDAY PARTY INVITATION

See you soon!

Hi kids! Déixovos o traballo programado para toda a semana, de modo que vos podades organizar e envialo a finais da mesma. Trátase de 2 tarefas, unha en común para 4º, 5º e 6º e unha diferente para cada curso.

4º, 5º, 6º:    LET ME INTRODUCE MYSELF

Nesta actividade repasaremos como presentarnos e falar de nós mesmos. Recordade que despois da palabra because (porque), que aparece nalgunhas oracións, debemos de dar o motivo ou a razón; tedes algúns exemplos nun dos cadros da actividade.


4º: A PENPAL LETTER

Na actividade 4 (Practise writing) seguide a estrutura da carta que lle escribe Juan a Liam na actividade 3 (Read and circle). De este modo só tedes que cambiar os datos e a información de Juan e introducir a vosa (nome, país, idade...). Non te olvides de enviarmo ao correo do cole!


5º: A BOOK REVIEW

Para escribir un pequeno resumo dun libro pinchade no enlace e seguide os pasos do modelo que aparece sobre o libro Charlie and the Chocolate Factory by Roald Dahl (Charlie e a Fábrica de Chocolate). Podedes escoller calquera libro que lerades en galego ou castelán, pero tede en conta que o resumo debe ser en inglés. Non te olvides de enviarmo ao correo do cole!


:  A THANK-YOU EMAIL

Para escribir un email de agradecemento pincha no enlace de arriba e segue os pasos que che indico a continuación:

  1. Preparation
  2. Task 1
  3. Task 2
  4. Task 3
  5. Fai clic en Download e logo descarga a ficha (Worksheet)
  6. Por último, escribe un email seguindo o modelo proposto en Reading text (no enlace)
Só deberás enviar ao correo do cole o mail que escribiches (paso 6).

See you soon!

Debido a un pequeno problema técnico publicamos hoxe a aportación do noso Álex ao Día do Libro. Calquera día é bo para celebrar a lectura!