twitter
rss

Hoxe, mércores día 5 de decembro, os alumnos e alumnas do Ceip de Merza achegámonos a Santiago de Compostela para asistir ao espectáculo musical do dúo burgalés Fetén Fetén:
 "O máxico planeta dos instrumentos insólitos" 




Neste concerto didáctico emprendimos unha fermosa viaxe a través da música, tratando valores tan importantes como a reciclaxe, a pobreza, a imaxinación. Ademáis trataron a importancia de coñecer as nosas tradicións, empregando algúns dos instrumentos 
máis incribles da historia da música.


Os músicos tocaban moitos instrumentos, e moi variados !

* DIEGO GALAZ (violín, violín trompeta, phonoviolín, serrucho, mandolina, sartén, gaivotas, colgante de esos, e.....sons de vacas)
* JORGE ARRIBAS (acordeón , ala de boitre, silla- flauta de camping, theremín e.....sons do mar)



O fabuloso son dun serrucho tocado con moita arte...



E outro momento "sonado" foi cando Miguel foi escollido entre o público para subir ao escenario a tocar o Theremín !!!



Despois de tanta emoción tomamos rumbo ás Cancelas para repoñer forzas e comer un pouco, para logo ir xogar un rato polo Centro Comercial e facernos unhas fotos navideñas!





Que ben o pasamos !! Ata a próxima saída!!