twitter
rss

E xa para rematar este curso 2017-2018 deixámosvos os enlaces aos Playbacks realizados na clase de música polos alumnos de 4º, 5º e 6º de Primaria.

Son todos uns cracks! Noraboa!!

 


Hoxe para celebrar o partido de España no mundial de Rusia os rapaces do colexio de Merza aprenderon unha canción en inglés de Carlos Jean e xogaron un partidiño ao son da música...

Por se vos apetece cantala, aquí a tedes!



 

Hoxe visitáronnos uns rapaces de prácticas de educación social e ofrecéronnos un fermoso obradoiro de valores necesarios para a convivencia escolar e social.

Moitas grazas!!


 
 O pasado mércores, 30 de maio de 2018, o Ceip de Merza realizou a súa saída de fin de curso ao Ecoparque Multiaventura de Marín.

Alí estivemos facendo diversas actividades, como as seguintes:


BAUTISMO HIPICO: PASEO E ASEO DOS CABALOS

Primeiro tivemos unha pequena charla introductoria e didáctica, á cal estivemos todos moi atentos..


E logo xa puidemos montar a cabalo! Mellor dito, a égua!














                                             Álex lémbrame a un dos seus ídolos...

  



















 








































 CIRCUITOS ARBÓREOS E TIROLINAS

E tras comer e descansar un pouco tivemos a sesión de circuitos arbóreos e tirolinas. Os máis pequenos do cole estiveron entretidos con outros xogos e tamén os pintaron de indios!



Antes de nada unha boa explicación inicial sobre o uso do arnés, do búho e dos ganchos de seguridade. Aprendimos como engancharnos, como desengancharnos, como deslizarnos...etc.

E xa aprendidos, puxémonos mans á obra!































Pasámolo de medo, estivemos a voar coas tirolinas pero ao chegar ao bus.... ZzZzZzZz... caímos rendidiños! Tschhhhhh! A descansar!