twitter
rss


S   A   M   A   Í   N       2 0 15


 
Hoxe celebramos o Samaín, que noutros sitios lle chaman Halloween...


Tumba por aquí, tumba por alá... tumba tumba, Juajajajajaaaaaaa!!!

 

Durante a xornada de hoxe ademáis de vestirnos de seres terroríficos desfrutamos de moitas experiencias que nos puxeron os pelos de punta! 

Mirade as fotos dos nosos concursos de sustos, de cabazas, lectura de contos de medo, disfraces, merenda máxica...


e Feliz Samaín!!!




Xa andamos a voltas cos preparativos para celebrar o Magosto e o Samaín, e ensinámosvos o que estamos a facer estos días... Agardamos que vos guste!!!











 S   A   M   A   Í   N       2 0 14

Como xa nos imos achegando ó día de celebración do Samaín imos entrando en materia cunhas fermosas e á par terroríficas carautas de esquelete... Se queredes unha, picade neste enlace.







T E R R O R Í F I C O    S A M A Í N!! 

 XA TIÑAMOS TODO LISTO PARA OS DISFRACES...



 AS TARTAS LISTAS PARA SER DEGUSTADAS...





AS CABAZAS ALUMEANDO E METENDO MEDO...




 OS CONTOS DE TERROR PREPARADOS...

 E NÓS LISTOS PARA CELEBRAR O SAMAÍN!!



 QUE COMECE A FESTA RACHADA!!!

        PASADE UN BO SAMAÍN!!  -  GOZADE A TOPE!!


S   A   M   A   Í   N       2 0 1 3

O vindeiro mércores día 30 de outubro celebraremos na nosa escola a festa do Samaín. Os nenos/as poderán traer as súas cabazas feitas na casa para a exposición que imos montar no hall do colexio.

Temos moitas sorpresas preparadas... veredes que ben o pasamos!

Ide vendo a decoración... fabulosamente .. terrorífica!!










O pasado mércores día 30 de outubro celebramos no noso colexio o Samaín 2013.





Primeiro decoramos o hall de entrada coas cabazas e cunha bonita pancarta...
























Despois os rapaces confeccionaron os seus propios disfraces, tiñamos que estar todos guapos, guapos!



Logo unha vez vestidos comezamos a nosa pequena celebración, coa lectura de varios contos de terror....

Despois unhas cantas cancións sobre bruxas e vampiros...

Os nenos e nenas de infantil deleitáronnos cuns bonitos poemas sobre as pantasmas!!
E que mellor maneira de rematar a festa que desfrutando dunha rica merenda de Samaín... tiñamos de todo, que aproveite !!
ESCOBAS DE BRUXA...
DEDOS DE MONSTRUOS...
CABAZAS E FANTASMAS...
 TARTA DE CABAZA...
ARAÑAS DE OREO...
E MOITAS CHUCHES!!!!
  FELIZ SAMAÍN PARA TOD@S

S   A   M   A   Í   N       2 0 1 2
Para celebrar a festa do Samaín deste ano, decidimos facer un pequeno taller previo á data de celebracion desta festividade e elaborar un bonito mural de moito moito medo!!!
Comezamos por reunirnos todos nunha aula e facer unhas terroríficas arañas de Samaín, e nada mellor que facelas con material reciclado: cartón e periódico e darlle cor coas nosas fabulosas témperas.
 Uns días despois (cando as nosas arañas estaban secas e listas) acercámonos ao mural de Samaín cunha enorme tea de araña e cada un de nós colocamos a nosa araña no lugar que nos parecía máis axeitado.
 Un anaco dos "nervos" do momento... 
Tamén fixemos os monstruos guardiáns da nosa habitación.
E como non podiamos acudir á festa de Samaín do cole sen as nosas mellores galas, elaboramos nós mesmos unss disfraces a mar de terroríficos!!!
 Comezamos facendo a careta de esqueleto...
           E seguimos co resto do corpo...

                 E por último pegámolo todo!!!
E mirade que chulos nos quedaron os disfraces de Samaín !!!
.......E así comezou o día de Samaín no noso cole.....
Non vos parece terrorífico?




FOTO DE "FAMILIA":
                  "Ós de infantil non nos dá medo o Samaín"                                        (.....nin os monstruos)                          

A semana próxima montaremos a nosa exposición de caveiras.   
Que non che dea medo e PARTICIPA!
Aprende a facer a túa propia caveira
 

O pasado mércores para celebrar a festa de Samaín Roi e Noa trouxeron unha tarta de cabaza feita polo seu pai, Xurxo. Estaba boísima e non quedou nen a mostra...!! Moitas grazas, Xurxo!! Á túa saúde !!
Podes ler aquí os artigos de "La voz de Galicia" e do "Faro de Vigo"

3 comentarios:

  1. Encántanme os vosos disfraces, vos si que sabedes disfrutar das festas. Seguide traballando así de ben. Bicos

  1. Grazas polo teu apoio, anímanos a seguir traballando igual de ben. Unha aperta!

  1. O disfraz de esqueleto quedou gardado pra o carnaval. Lorena está encantada.

Publicar un comentario