twitter
rss




Todos aqueles que non teñan medo e teñan curiosidade por saber cómo celebraron os nenos e nenas do cole de Merza este Samaín... pinchade enriba da foto da nosa cabaza!!

FELIZ SAMAÍN

Onte venres 27 de outubro acudimos todos a un Concerto Didáctico organizado pola Escola de Música de Vila de Cruces.

Alí nos atopamos con outros amigos e compañeiros dos coles das Cruces e de Piloño.


Pasámolo moi ben e acompañamos as melodías en todo momento, tanto con palmas...






como desfilando na garda real de Londres, seguindo á perfección o ritmo do vento e da percusión.
 
 



NORABOA! e moitas grazas pola vosa invitación!

 

Nunca as fases da Lúa resultaran tan apetecibles para os nosos alumn@s... As galletas Oreo servíronnos para tender unha ponte entre ciencias sociais e plástica e representar así o percorrido que realiza a Lúa arredor do planeta Terra. Por suposto, ao remate da actividade tocou degustación...Bon appétit!









Empezamos o outono pintando unhas árbores moi especiais, pois para debuxar o tronco os nenos /as empregaron as súas mans. Ademais, a follaxe está  feita con témpera estampada con cortizas de botellas traídas da casa.

Na aula de Educación Infantil rematamos o proxecto "Así Nacín", no cal aprendimos un motón sobre o nacemento dos bebés.

Rematamos o proxecto cun dosier no cal recollemos toda a información traballada durane o mes de setembro e un mual ...

O mural dos trillizos...






Comezamos este novo curso con moitas forzas e alegría!!!

A aula de infantil da a benvida ao novo curso con unhas compañeiras, Pepita e Manolita...


Dúas tartarugas moi simpáticas e xoguetonas. 

 
 














 Coidarémolas con moito cariño!!!