twitter
rss

Hoxe a Asociación veciñal minas da Brea invitounos a Fontao para participar na “XORNADA DE PORTAS ABERTAS PARA ESCOLARES”  dentro da SEMANA CULTURAL DE SANTA BÁRBARA 2016.

 NORMAS DO XOGO:

A  localización do  xogo correspóndese ca Praza Cesar Cort do Poboado Mineiro. O lugar estará dividido en diferentes espazos de acción dos diferentes roles, teremos:


-          A  mina – mineiros e estraperlistas, espazo de traballo para extracción do volframio de forma legal polos mineiros contratados e de forma ilegal polos estraperlistas.
-          A empresa – os xefes, os Cort, espazo de compra legal de volframio
-          O cuartel da Garda Civil – Gardas Civís, espazo ó que levan ós estraperlistas cando son pillados roubando na mina, no que permanecerán 5 minutos.
-          A taberna – Taberneiras/os,  un espazo onde gastar os cartos nun chocolate quentiño, en biscoito, “chuches” artesás…  bailar, xogar unha partida ás cartas ou o xadrez…
-          O fotógrafo  - persoa da organización, un espazo onde todos os roles poden vir a tomar unha instantánea da súa viaxe no tempo, a cal será enviada nunha compilación ó centro educativo.
-          Panadería – Panadeiro, espazo onde comprar pan
-          Mercado – Froiteiras, espazo onde comprar froita
-          Os estraperlistas (sen ubicación), teñen que roubar todo o volframio que poidan sen ser arrestados polos Gardas Civís.
-          Os ingleses – ingleses e estraperlistas , epazo de compra ilegal do volframio para ser levado a alta mar para que non chegue ós alemáns. 

A dinámica de xogo será a interacción entre os diferentes espazos, o wolfram  extraído da mina (de forma legal polos mineiros ou ilegal polos estraperlistas) destínase a venta, cos cartos adquiridos  poderán aforralos, gastalos ou derrochalos J na taberna, no fotógrafo, no panadeiro, no mercado…

E PARA FINALIZAR:


-          Interacción cos participantes do proxecto Erasmus + “The Story of me” na que os/as nenos/as  tiveron a oportunidade de preguntarlle directamente ós “grandes tesouros” de Fontao como foron os  “tempos da mina”.

-          Breve visita ó “Museo da Minería de Fontao”.

-          Despedida.



Agora unhas fotiños sobre o ben que o pasamos e o moito que aprendemos con esta actividade!
























Os nenos e nenas de Educación Infantil conmemoramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero o venres 25 de Novembro. 

Aquí vos deixamos unhas fotos do ben que o pasamos!!!!










Hoxe 25 de Novembro celebramos no cole e Día Internacional contra a Violencia de Xénero e contra calquer tipo de violencia. Dende a aula de 4º, 5º e 6º decimos NON A VIOLENCIA!!! Fixemos varias actividades relacionadas con esta problemática que por desgraza se ve cada día máis na sociedade actual, estas foron algunhas actividades que realizamos !!! ( Charla-coloquio sobre a Violencia de Xénero, Visionado de varios vídeos sobre o tema, realización dunha pancarta contra a violencia ,...)







BO TRABALLO   !!!!!!