twitter
rss

Durante a semana pasada traballamos facendo varios traballos relacionados coa Paz :

  1. Fixemos unhas palomas de papel (ORIGAMI)
  2. Realizamos uns caramelos con mensaxes e frases de Paz
  3. Traballamos en equipo e axudámosnos cando precisamos
  4. ...


                      Ahí van algunhas fotiños...



A PAZ NON É O DESTINO SENÓN QUE É O CAMIÑO!!!!

O alumnado de 4º,5º e 6º deséxanvos ...

FELIZ DÍA DA PAZ !!!

Estes son as CAETRAS rematadas, fixemoslle unha pequena asa para poder levalas como uns auténticos castrexos. Quedáronvos xenial !!!!!




Esta semana traballamos na clase a semana da paz escolar e rematamos hoxe, 30 de xaneiro, celebrando o Día da Paz. Aquí vos deixamos todas as actividades que fixemos. O que máis nos gustou foi pintar as mans e os pés, cantas cóxegas! Tamén escoitamos cancións, bailamos e falamos sobre o significado da palabra paz. 

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!


















O pasado mércores 25 de xaneiro os alumnos e alumnas do Ceip de Merza fomos visitar a exposición "Castro Deza" situada no Concello de Lalín. 


 Chegamos alí e unha guía, Ana, recibiunos con moito agarimo para a continuación explicarnos numerosas cousas da época prehistórica na comarca do Deza.




Logo de recibir a información precisa os nenos e nenas do Ceip de Merza participamos en dous obradoiros relacionados co tema Castrexo: o conto-tablet e os guerreiros do Deza.


 
Fotos de grupo para lembrar a nosa participación 
en tan boa actividade en Lalín.



 E non podía faltar unha foto do cole enteiro xunto co porquiño de Lalín, aquí estamos para o recordo...

Outra experiencia das boas!

Por fin rematamos o noso mural do inverno! Traballamos o tempo atmosférico e as prendas de vestir que utilizamos nesta estación do ano para gardarnos do frío. 



Pintamos, picamos, recortamos e pegamos. 


Colocamos cada un os nosos debuxos no mural.




QUE FRÍO VAI!!!! 
 

Hoxe realizamos unha actividade integral  coa materia de PLÁSTICA e CC. DA NATUREZA por parellas , onde o alumnado tiña que clasificar seres vivos, seres inertes e despois falamos un pouco das características de cada un. Ahí van algunhas fotos do proceso...




























                                                        MOI BO TRABALLO RAPACES!!!!!




Logo de traballar diferentes contos e lecturas de xeito grupal. Hoxe traballamos de xeito individual cuns contos interactivos. Así se manexa o rato rapaces!!!Moi bo traballo...

















                                                           XENIAL RAPACES!!!!!

Aquí van algunhas das vosas fantásticas tarxetas:























                                                 BO TRABALLO RAPACES!!!!!