twitter
rss

 CURSO 2015/2016

O pasado xoves celebramos no colexio o noso pequeno Magosto, onde todos puidemos degustar unhas ricas castañas asadas! 





Mirade que ben nos quedaron os nosos recipientes para poder comelas!






CURSO 2014/2015

O martes 4 de Novembro os rapaces e rapazas do Colexio de Merza acercámonos á veciña Vila de Cruces para facer dúas actividades ben diferentes:

- por unha banda visitamos o Concello onde xente moi amable ensinounos os diferentes departamentos cos que contan e o que fan en cada un deles.




- logo pasamos ao Salón de Plenos onde os rapaces puideron entender como funcionan as decisións no Concello tomando parte eles mesmos dun pleno. Tivemos alcaldesa, concellais, interventora, secretario.... e público!










 

- logo xa saímos á praza onde uns operarios estaban a asar unhas ricas castañas que nos deron a degustar. Mmmm! que boas! e co frío que facía, mellor nos sentaron!




 - e xa por último unha volta polos diferentes "stands" da Feira do Outono de este ano, que tiña froitos moi interesantes!!














Grazas por invitarnos!!






CURSO 2013/2014


Hoxe luns, día 4 de Novembro, fixemos unha pequena saída a Vila de Cruces para facer dúas cousas:

- primeiro visitamos a Exposición de pintura de Silvia de Loño e tivemos a sorte de contar coa explicacións da propia pintora!!

































- despois acudimos á Festa do Magosto na Praza Maior da vila, onde vimos moitos froitos de outono e disfrutamos dunhas ricas castañas asadas!




























Pasámolo moi ben, foi un día moi chulo!! Grazas por invitarnos!!

Saímos no periódico e todo!

La Voz de Galicia


Faro de Vigo





CURSO 2012/2013




Como xa estamos na época das castañas, no Ceip de Merza imos celebrar esta tarde o magosto

Para iso fixemos un súper cartel de benvida ao cole anunciando o noso particular Magosto, representando nel un cucurucho xigante de apetecibles castañas asadas... mmmmm




Mirade que ben nos quedou e que guapos saímos xunto a él..


.
Os nenos e nenas de infantil fixeron uns fermosos cucuruchos de papel adornados con bonitas castañas ben decoradiñas ¡ xa están preparados para a festa!









As rapazas de 1º,2º e 3º fixeron actividades sobre o magosto consistentes na lectura dun conto " A castaña que rebentou coa risa" ( PINCHA AQUI PARA LER O CONTO...)  e elaboraron os seus propios cestiños para botar as castañas asadas e así poder comelas transquilamente.



















E na festa do Magosto do cole, así cantamos:






E así nos divertimos!







0 comentarios:

Publicar un comentario