twitter
rss

AS NOSAS MASCOTAS: EPI E BLAS

O sr. Pío e sra. Nube estaban moi namorados e un bo 
día tiveron unha posta de ovos! Que alegría!



Desa posta de ovos naceron as nosas mascotas...
EPI e BLAS

 Pero tivemos que esperar a que cumprisen aproximadamente un mes de vida para que aprenderan a comer sós e poder separarse dos seus pais e vir a vivir a Merza!
 




























Que alegría! Xa os temos connosco, no noso cole e coidamos moito deles! Os nosos papás autorizáronnos para poder levalos a casa os fins de semana e que non queden tan aburridos aquí soiños... Fabuloso!

Xa iremos contando as nosas peripecias e aprendizaxes, porque os periquitos somos moi listos e algúns aprenden a repetir cousas! Como mostra podedes ver estos vídeos... e quedar coa boca aberta!



A HISTORIA DE EPI E BLAS EN CHOCOLATE!

1. UN DÍA OS PERIQUITOS TITI E TOBI 
TIVERON 3 CRÍAS.

2. OS PERIQUITOS EMPEZAN A MEDRAR.

3. A NOSA DIRECTORA TROUXO DOUS Ó COLE.


4. BAUTIZÁMOLOS CO NOME DE EPI E BLAS.


5. AGORA COIDAMOS OS PERIQUITOS.
 
6. TAMÉN XOGAMOS CON ELES.


7. OS FINS DE SEMANA OS PERIQUITOS COÑECEN ÁS FAMILIAS DE MERZA.

8. DENDE ENTÓN EPI E BLAS VIVEN
NO CEIP DE MERZA.
 
(Historia feita polos rapaces e rapazas de 
3º, 4º e 5º de Educación Primaria) 

0 comentarios:

Publicar un comentario