twitter
rss

Todos coñecemos a importancia da reciclaxe para manter a boa saúde do planeta e, polo tanto, a nosa. Se pinchades nesta  ficha interactiva accederedes a unha actividade na que teredes que depositar o lixo nos diferentes contedores e, xa de paso, serviranos para aclarar as dúbidas que temos ás veces con respecto a este tema.
Anímovos a que inventedes unha actividade de reciclaxe con calquera obxecto que atopedes pola casa (mural, manualidade, ...) e que ma enviedes ao correo do cole.
Ánimo!

Hi kids! Esta semana imos aprender como se escribe unha invitación de aniversario (birthday) en inglés. Antes de comenzar debedes realizar as actividades do enlace. Fixádevos moi ben no modelo que aparece, así so teredes que poñer os vosos datos e estará lista!

A BIRTHDAY PARTY INVITATION

See you soon!

Hi kids! Déixovos o traballo programado para toda a semana, de modo que vos podades organizar e envialo a finais da mesma. Trátase de 2 tarefas, unha en común para 4º, 5º e 6º e unha diferente para cada curso.

4º, 5º, 6º:    LET ME INTRODUCE MYSELF

Nesta actividade repasaremos como presentarnos e falar de nós mesmos. Recordade que despois da palabra because (porque), que aparece nalgunhas oracións, debemos de dar o motivo ou a razón; tedes algúns exemplos nun dos cadros da actividade.


4º: A PENPAL LETTER

Na actividade 4 (Practise writing) seguide a estrutura da carta que lle escribe Juan a Liam na actividade 3 (Read and circle). De este modo só tedes que cambiar os datos e a información de Juan e introducir a vosa (nome, país, idade...). Non te olvides de enviarmo ao correo do cole!


5º: A BOOK REVIEW

Para escribir un pequeno resumo dun libro pinchade no enlace e seguide os pasos do modelo que aparece sobre o libro Charlie and the Chocolate Factory by Roald Dahl (Charlie e a Fábrica de Chocolate). Podedes escoller calquera libro que lerades en galego ou castelán, pero tede en conta que o resumo debe ser en inglés. Non te olvides de enviarmo ao correo do cole!


:  A THANK-YOU EMAIL

Para escribir un email de agradecemento pincha no enlace de arriba e segue os pasos que che indico a continuación:

  1. Preparation
  2. Task 1
  3. Task 2
  4. Task 3
  5. Fai clic en Download e logo descarga a ficha (Worksheet)
  6. Por último, escribe un email seguindo o modelo proposto en Reading text (no enlace)
Só deberás enviar ao correo do cole o mail que escribiches (paso 6).

See you soon!

Debido a un pequeno problema técnico publicamos hoxe a aportación do noso Álex ao Día do Libro. Calquera día é bo para celebrar a lectura!