twitter
rss

Hi kids! Déixovos o traballo programado para toda a semana, de modo que vos podades organizar e envialo a finais da mesma. Trátase de 2 tarefas, unha en común para 4º, 5º e 6º e unha diferente para cada curso.

4º, 5º, 6º:    LET ME INTRODUCE MYSELF

Nesta actividade repasaremos como presentarnos e falar de nós mesmos. Recordade que despois da palabra because (porque), que aparece nalgunhas oracións, debemos de dar o motivo ou a razón; tedes algúns exemplos nun dos cadros da actividade.


4º: A PENPAL LETTER

Na actividade 4 (Practise writing) seguide a estrutura da carta que lle escribe Juan a Liam na actividade 3 (Read and circle). De este modo só tedes que cambiar os datos e a información de Juan e introducir a vosa (nome, país, idade...). Non te olvides de enviarmo ao correo do cole!


5º: A BOOK REVIEW

Para escribir un pequeno resumo dun libro pinchade no enlace e seguide os pasos do modelo que aparece sobre o libro Charlie and the Chocolate Factory by Roald Dahl (Charlie e a Fábrica de Chocolate). Podedes escoller calquera libro que lerades en galego ou castelán, pero tede en conta que o resumo debe ser en inglés. Non te olvides de enviarmo ao correo do cole!


:  A THANK-YOU EMAIL

Para escribir un email de agradecemento pincha no enlace de arriba e segue os pasos que che indico a continuación:

  1. Preparation
  2. Task 1
  3. Task 2
  4. Task 3
  5. Fai clic en Download e logo descarga a ficha (Worksheet)
  6. Por último, escribe un email seguindo o modelo proposto en Reading text (no enlace)
Só deberás enviar ao correo do cole o mail que escribiches (paso 6).

See you soon!

0 comentarios:

Publicar un comentario