twitter
rss

 A CASA DAS CIENCIAS E O PLANETARIO


O luns día 29 de febreiro de 2016 os rapaces e rapazas de Merza fomos de visita á Coruña, concretamente ao Parque de Santa Margarida para ver a Casa das Ciencias e o famoso Planetario.

Primeiro vimos unha proxección do conto "La niña que sabía caminar al revés" que trataba dunha rapaza que cambiando o punto de vista das cousas descubriu a beleza do universo!


A continuación fomos visitando as diversas plantas da Casa das Ciencias e experimentando pola nosa propia conta diversos fenómenos científicos do máis interesante:funcionamento e características propias dos péndulos, vibracións das cordas dunha guitarra, movementos da auga segundo lle aplicabamos frecuencias sonoras, efectos visuais moi curiosos, unha incubadora con pitiños saíndo do seu cascarón, cámara que indicaba a calor das partes do noso corpo.... e o fermoso Pendulo de Foucault!

 

Mirade que ben o pasamos! 







































ALGÚNS VÍDEOS...














Hoxe, comezo do mes de Novembro do 2015 o Colexio de Merza foi invitado a Vigo a visitar as instalacións deportivas do Celta.



Puidemos ver a sala de prensa, os vestiarios e saímos ó campo de fútbol polo túnel de xogadores!! Fabuloso!!

 
CURSO 2014-2015

SAÍDA DE FIN DE CURSO - O GROVE


Onte mércores día 20 de Maio os alumnos/as do Ceip de Merza visitaron a localidade pontevedresa de O Grove coa fin de visitar o acuario e dar un paseo nun fermoso catamarán!


No acuario comezamos polo lugar dos esqueletes... sorprendentes!

Logo vimos as arañas de mar... menudas patas que teñen!

A fauna da nosa comunidade gustounos moito: mexilóns, rodaballo, ourizos de mar...


Menudo tamaño tiñan as morenas do acuario!!


Os acuarios tropicais de auga salgada eran moi fermosos, abofé que si



Nun recinto que estaba á nosa altura puidemos ver estrelas de mar... e o mellor de todo foi que puidemos tocalas coas nosas propias mans!!!


Unha raia botounos un biquiño para saudarnos

Un fermoso Mero "camiñando" polo fondo mariño


Unha coral de Meros interpretaron unha melodía só para nós!


E mirade que finiños son os peixe-agulla.. camúflanse moi ben.
Aquí tedes o Nautilus, o antepasado dos nosos moluscos actuais.


Os nosos artistas- equilibristas de sexto curso en plena acción
E tras o xantar embarcamos no catamarán Rías Baixas, ben!!







As bateas son moi interesantes e baixo elas teñen moita vida: mexilóns, vieiras, ostras... e moitos peixes!






Na cuberta do catamarán é onde mellor o pasamos, sen dúbida!





Tamén baixamos á bodega do catamarán para poder ver o fondo mariño das nosas rías.


Un retrato inmortalizado na proa do noso catamarán.


Puidemos avistar golfiños salvaxes !!! Algún deles incluso acercouse ao catamarán para saudarnos! 
Mirade os seguintes vídeos, veredes que non mentimos... 





MENUDA XORNADA TAN BOA PASAMOS!







O pasado luns 23 de Febreiro os alumnos do Colexio de Merza acudimos a Coruña a visitar o Aquarium Finisterrae e disfrutar un pouco das maravillas mariñas dos nosos mares e doutras zonas máis cálidas. Vimos cousas impresionantes!

O día non permitiu visitar as instalacións exteriores, porque había aviso de alerta amarela e o mar estaba bravo.
  

Pero no interior do recinto o noso guía contounos un montón de curiosidades sobre a vida animal e vexetal do fondo mariño e moitas peculiaridades que non coñeciamos.



Logo continuamos a nosa visita descendendo ao "Nautilus", unha sala sumerxida no mar e revivimos o soño de Julio Verne en "20.000 leguas de viaxe submarino".





O "Nautilus" é un decorado que recrea o gabinete do capitán Nemo, con música composta para esta sala, miles de peixes de 50 especies diferentes nadan ao noso redor. Quenllas toro, anguías, meros ou rodaballos viven neste enorme tanque de máis de catro millóns de litros de auga!!




 Rodaballo moi ben camuflado na area...¿védelo?






E xa para rematar visitamos as salas de exposición adicadas á nosa fauna e vexetación mariñas, as das nosas propias costas galegas... Alí estaban os mexillóns nas bateas, os polbos...etc.


 ¿Sabiades que os polbos teñen 1 cerebro principal e 8 cerebros secundarios, un para controlar cada pata? impresionante! e 3 corazóns!!




 Despois da nosa visita ao Aquarium fomos ata a Domus para visionar unha película en 3D sobre
 "Os titáns da Idade de Xeo"







E como xa era hora de xantar aproveitamos as instalacións da Domus para dar boa conta dos nosos bocatas...ñam,ñam!
 
 E antes de coller o bus de volta para Merza aproveitamos para ver certas cousas da Domus ou "Casa do home"... Por exemplo fixémonos unha foto co home máis alto do mundo:

Robert Pershing Wadlow




E que vos parece como é o noso cerebro?










E xa empapados de novos coñecementos e experiencias voltamos ao noso centro escolar, con moitos recordos e moitas ganas de voltar!


Ata a próxima saída!!!






  SAÍDA A FONTAO - DECEMBRO 2014 

 O pasado mércores 3 de Decembro os rapaces e rapazas do Colexio de Merza acudiron a Fontao para participar nun xogo de rol baseado na actividade mineira de antaño.









A PANADERÍA

PANADERÍA "O NEGRO"



O INGLÉS

A TENDA




TOMANDO UN CHUPITO DE COCA-COLA PARA REPOÑER FORZAS!




MUSEO MINEIRO

O FOTÓGRAFO SINDO







A EMPRESA

REGATEOS...



OLALLA E O CREBANOCES

ATENDENDO ÁS EXPLICACIÓNS DE PAULA





UNHA CABUXIÑA..


TEMPO DE LECER NO PARQUE INFANTIL










Pasárono moi ben e aprenderon moitas cousas coas explicacións de Fontán, un antigo mineiro da zona.



Moitas grazas por todo!

Se queredes saber algo máis sobre as minas de Fontao podedes ver este interesante vídeo...

VÍDEO



Saída a Marcelle  (Lugo) -  Maio 2014

Esta mañá partimos cara Outeiro de Rei (Lugo) para visitar o Parque Natural de Marcelle. http://www.marcellenatureza.com



Ali puidemos ver moitos animais en estado semi-salvaxe divididos por zonas:


Uns monitores ensináronnos os animais, xogaron con nós e contáronnos un montón de cousas interesantes que non olvidaremos endexamais! Grazas, Marcelle!!


E agora deixámosvos algunhas fotiñas dos animais que máis nos gustaron a tod@s:
















































































E lembrade... COIDADE E RESPETADE AOS ANIMAIS !!!



  Saída á Casa do Patrón (Doade- Lalín) -  Marzo 2013


O luns día 24 de Marzo acudimos a visitar o museo etnográfico "Casa do Patrón" en Doade, Lalín. 



Antes de chegar fixemos unha pequena parada para apreciar a mostra de cadros de Laxeiro que se expoñían no Concello de Lalín ata ese mesmo día.
















O Ceip de Merza na exposición de Laxeiro, en Lalín.

Vinte minutos mais tarde chegábamos á "Casa do Patrón" onde Lola e Carmen agardaban por nós e guiábannos por aquel complexo etnográfico. Vimos moitas cousas relacionadas coa vida no rural de fai anos e de cómo se facían as cousas naquel entón.





A continuación fixemos o noso propio boliño de pan no 
obradoiro de panadería, xunto a un formo de leña ben exitoso.



















Por fin saíra o noso boliño do forno e puidemos levalo para as nosas casas !!
Para facer un pouco de ganas para comer Lola e Carmen amosáronnos o interior dunha casa rural tradicional, con todas as cousas que se empregaban antigamente nas casas de aldea: lareiras, candís, sellas, colchóns de follas de millo, o don Pepe...

















E por último, e despois de xantar, as nosas amigas da "Casa do Patrón" organizaron para nós uns divertidísimos xogos populares nos que grandes e pequenos pasamos o tempo entretidos.

























 As nosas caras non minten... pasámolo bomba!!!!





























 E agora... tchhhhisssss!! toca descansar !!



_________________________



                      Saída a Vila de Cruces -  Decembro 2013

Ás portas do Nadal os nenos e nenas do colexio de Merza visitaron o Auditorio de Vila de Cruces para asistir a 3 eventos diferentes:




- Desfrutar a obra navideña de teatro que o Colexio de Piloño organizou para todos nós.






- Asistir á entrega de premios para un grupo de teatro de 
nenos discapacitados de Vila de Cruces.




- Escoitar un contacontos moi ameno sobre o espírito do Nadal, no que sairon a actuar Lorena e a profe Cris !!





Outra saída na que o pasamos de maravilla! Grazas, Cruces! e noraboa Piloño, estades feitos uns artistas!!


Saída a Fontao!!! Decembro 2013

O pasado mércores día 4 de decembro os alumn@s do Ceip de Merza visitaron o poboado mineiro de Fontao. Con motivo da semana cultural do poboado, o noso cole foi invitado a disfrutar (xunto con  outro centro) dun maravilloso día en dito lugar.

  

En primeiro lugar atenderon ás explicacións que lles foron dadas no auditorio e amosaron moito interese para poder participar nun xogo conxunto onde aprenderían cómo funcionaba o mundo da minería.



A continuación cada nen@ colocouse no seu posto correspondente: pasteleiro, comerciante, restaurador, mineiro, xefe da empresa, garda civil, ladrón....para así poder comezar o xogo.








 As pasteleiras facendo ricos doces...






Mineiros no seu traballo...

   


Os xefes da empresa mineira pagando as pezas de mineral extraído e entregado...






  Tendeiros facendo felices aos seus clientes (só aos que podían pagar, claro está)...

Garda civil levando a un ladrón de wolframio para o cárcere... 

 






 Na tenda agardábanos un rico chocolate quente 
para animar a fría mañá!! 

E para rematar esta fermosa xornada inauguramos o 
Museo Mineiro onde vimos material relacionado coas minas e incluso unha máquina antiga de cine!









Só nos quedou un ratiño para enredar un pouco nos columpios e camiño de volta para o noso cole...


PASÁMOLO MOI BEN! GRAZAS, FONTAO!!


Saída a Compostela!!! Maio 2013


O martes 28 de maio de 2013 viaxamos á capital galega 








































 Visitamos o MUPEGA, Museo pedagóxico de Galicia para saber cómo era a escola dos nosos pais e avós.















 
 
 













 

 




































Fixemos un interesante percorrido por distintas zonas de Santiago no tren turístico. Divertidísimo!




















Finalmente repuxemos forzas no MacDonalds e xogamos un pouquiño.




















Qué pena que a xornada non durara máis, pois fíxosenos pouco.

0 comentarios:

Publicar un comentario