twitter
rss


HOXE VISITOUNOS.... P I K I T O !
 


Hoxe veu ao cole o periquito Pikito, que é curmán de Epi e Blas. Veu facernos unha visita e amosarnos o ben que xoga á pelota e o ben que toca a campá co seu pico.

Todos quixemos facernos unha foto con Pikito, mirade que ben saímos!














































































RECITAL DE CONTOS-CANTADOS
-LUIS VALLECILLO-

Hoxe no Ceip de Merza tivemos a actuación de Luís Vallecillo, un músico que se adica a "cantar contos" e facer as sesións de lectura moito máis divertidas. Hoxe cantamos, xogamos e repasamos contos coñecidos todo isto a través da música.



 Primeiro aprendimos unha canción para preparar o recital...
 Luís sacou a varios voluntarios no seu espectáculo!


 E todos pasámolo bomba coas súas cancións e animacións!!!




Moitas grazas polo teu recital, Luís, agardámoste noutra ocasion cos brazos ben abertos!

1 comentarios:

  1. Grazas a vós por desfrutar comigo dese día. Teño moi boas lembranzas dese recital. Cos brazos ben abertos tamen eu estarei encantado de voltar ó voso colexio! Unha forte aperta

Publicar un comentario