twitter
rss

O outono é tempo de castañas e, como non podía ser menos, no cole este ano tamén as degustamos no magosto que celebramos o mércores 13.


 Pero a cousa non remata aí...despois de encher o bandullo tocaba divertirse xogando a xogos tradicionais como a mariola, a ra, ou o 3 en raia... e movendo o esqueleto ao son da música.


 











 Para rematar a xornada nada mellor que un pouco de relaxación...

 

O martes 5 de novembro fomos de visita á Cidade da Cultura para coñecer de primeira man a Exposición Argallar. Trátase dunha exposición que pretende acercar a arquitectura aos nenos/as a través de xogos xeométricos.


No transcurso da visita realizamos diferentes actividades en grupos e tamén de maneira conxunta, como un único equipo:

1º -Metalupo: construción dunha torre con pezas para encaixar de diferentes formas e tamaños feitas de polietileno, un material moi lixeiro e inocuo co que deixaron voar a súa imaxinación.
















2º- Hula hoops: construción por grupos de diferentes volumes empregando os hula hoops para finalmente, mediante a súa unión e superposición, conseguir unha figura única de maior tamaño.












3º- Palitroques: nesta actividade unhas varas de madeira e uns anacos de goma de mangueira, usados como punto de unión, serviron para a montaxe de figuras xeométricas tales como o icosaedro ou a cúpula esférica entre outras...

















4º-A muralla: uns cubos e uns prismas rectangulares feitos de esponxa foron os materiais cos que levantaron a muralla. Nesta ocasión era unha tarefa colaborativa e traballaron como o gran equipo que son.



Deconstruíla foi sen dúbida o máis divertido!




Ao remate das actividades puidemos xantar e coñecer os exteriores da Cidade da Cultura grazas a unha tregua que nos deu o tempo. Paseamos polo Xardín do Lago e desfrutamos un montón xogando no Parque da Balea no seu gran tobogán.




Pagou a pena visitar este enorme espazo cultural cheo de recunchos por descubrir!



O 30 de outubro o noso cole encheuse de cabazas, disfraces e comida monstruosa para celebrar o ansiado Samaín.












As nenas e nenos convertíronse nuns chefs terroríficos e preparon comida típica desta celebración...









Outra das actividades foi a lectura de historias de medo escritas por eles mesmos na clase os días previos.
                                                         


Happy Halloween!May the ghost be with you...