twitter
rss

O martes 5 de novembro fomos de visita á Cidade da Cultura para coñecer de primeira man a Exposición Argallar. Trátase dunha exposición que pretende acercar a arquitectura aos nenos/as a través de xogos xeométricos.


No transcurso da visita realizamos diferentes actividades en grupos e tamén de maneira conxunta, como un único equipo:

1º -Metalupo: construción dunha torre con pezas para encaixar de diferentes formas e tamaños feitas de polietileno, un material moi lixeiro e inocuo co que deixaron voar a súa imaxinación.
















2º- Hula hoops: construción por grupos de diferentes volumes empregando os hula hoops para finalmente, mediante a súa unión e superposición, conseguir unha figura única de maior tamaño.












3º- Palitroques: nesta actividade unhas varas de madeira e uns anacos de goma de mangueira, usados como punto de unión, serviron para a montaxe de figuras xeométricas tales como o icosaedro ou a cúpula esférica entre outras...

















4º-A muralla: uns cubos e uns prismas rectangulares feitos de esponxa foron os materiais cos que levantaron a muralla. Nesta ocasión era unha tarefa colaborativa e traballaron como o gran equipo que son.



Deconstruíla foi sen dúbida o máis divertido!




Ao remate das actividades puidemos xantar e coñecer os exteriores da Cidade da Cultura grazas a unha tregua que nos deu o tempo. Paseamos polo Xardín do Lago e desfrutamos un montón xogando no Parque da Balea no seu gran tobogán.




Pagou a pena visitar este enorme espazo cultural cheo de recunchos por descubrir!

2 comentarios:

  1. Qué bien lo pasaron. Ahora hasta la próxima

  1. Outra fantástica saída e preciosas fotos.

Publicar un comentario