twitter
rss

Hoxe venres 9 de xuño fomos de visita á Semana Verde na veciña localidade de Silleda.




Alí vimos un montón de expositores e visitamos 4 stands principais:

- o das aves de cetrería: onde vimos falcóns, aguias, miñatos, mouchos... e nos explicaron moitas características sobre a vida destas aves. 

- o de tiro con arco, onde nos ensinaron a coller o arco de madeira e apuntar a unha diana cunha frecha de cores. Moi entretido!













- o de Gadis, onde puidemos xogar a varios xogos populares e saltar nun mini castelo inchable.





- o de Eroski, onde estaba a Patrulla Canina para facerse unhas fotos con nós e botar  uns bailes e unhas monitoras que nos fixeron uns bonitos debuxos nos nosos brazos!











Entre obradoiros diversos e risas pasamos toda a mañá en Silleda.

Moitas grazas por invitarnos! Ata a próxima!

 

2 comentarios:

  1. Outra saída con moito éxito e unhas fotos moi chulas.

  1. Que chula la excursión lo pasan genial

Publicar un comentario