twitter
rss

Debido á situación excepcional que estamos a vivir como consecuencia da pandemia do Covid-19, os protocolos de actuación dos centros escolares en relación á publicación dos boletíns de cualificacións vense modificados. Así mesmo, no noso centro tamén nos adaptamos a esta nova situación a través do uso da App abalarMóbil para as familias. Deberedes descargar no móbil dita aplicación e poderedes consultar as cualificacións da segunda avaliación, ademais de levar a cabo outras accións. Pincha abaixo.


Ao final da páxina web tedes o enlace para descargar a aplicación e tamén unha guía explicativa para as familias.
Cabe recordar que a segunda avaliación abrangue ata o día da declaración do estado de alarma.
Para calquera dúbida ou problema estamos a vosa disposición neste blog e tamén a través do correo do centro ceip.merza@edu.xunta.gal. 




0 comentarios:

Publicar un comentario