twitter
rss

Bos días raparigos e raparigas, aquí van as propostas para mover o esqueleto.

Continuar con algúns dos retos expostos o luns. Podes comentar cal fixeches e se che gustou.

RETOS PARA MOVER O ESQUELETO

A outra proposta de hoxe e co dado, colle un dado e lanzao (podedes xogar en familia), según o número que che toque terás que realizar unha acción ou outra.

LEMBRADE QUE PODES MODIFICAR AS ACCIÓNS O VOSO ANTOLLO. GANA O QUE CHEGUE A 20 FACENDO AS TAREFAS QUE LLE TOCARON.

1:  Baila e canta o estribillo da túa canción favorita.
2:  Coller un rolo de papel hixiénico cos pes e intenta subilo o máis alto que poidas.
3: Fai o xogo de SIMÓN DICE ata que a outra persoa ou persoas se equivoquen.
4: Terás que levar na cabeza o obxecto que che diga o teu compañeiro ou compañeira sin que che caía ata onde che diga.
5: Soplando, intenta mover un papel polo chan.
6: Realiza unha estatua en equilibrio durante 10 segundos.

MOITO ÁNIMO.

0 comentarios:

Publicar un comentario