twitter
rss


Resultado de imagen de casa do patrón
 O pasado mércores, 7 de marzo os nenos e nenas do CEIP de Merza estiveron na Casa do Patrón (Doade)

O museo etnográfico  Casa do Patrón é un museo no rural con máis de 2.000 metros cadrados de exposición ditribuídos en tres edificios que expoñen máis de 4.500 pezas recollidas por toda a xeografía galega. 

O museo dispón de 13 salas de exposición organizadas por temáticas, onde se pode observar as antigas escolas, pasando polos hábitos de vida dos nosos ancestros, oficios esquecidos, unha taberna, un forno e unha forxa tradicional.

A primeira actividade que realizaron os rapaces e rapazas foi un taller de cestería onde cada un elaborou un fermoso portalapis que levaron como recordo para as súas casas.





Comezamos a visita vendo unha grande cantidade de obxectos do mundo rural/agrícola de diferentes partes de Galicia e de fóra de Galicia








Deseguido visitamos a sala dos procesos agrícolas : o proceso de elaboración do viño, do pan...





Tamén visitamos a taberna onde se xuntaba a xente para beber ou xogar. Tamén era lugar onde se podían adquirir productos como aceite, cereais, velas, pimentón...



Logo estivemos visitando unha vivenda rural tradicional de Galicia coa súa lareira, as habitacións, utensilios de uso doméstico...

Olalla ensinando como se leva unha sella de auga na cabeza!


Susi probando o porta-bebés de antano...




A continuación visitamos unhas salas sobre os oficios tradicionais como o zapateiro/zoqueiro, ferreiro, afiador...


Tamén estivemos nunha sala cun taller antigo de carpinteiro e cunha exposición de material de cantería.



Noutras salas vimos a representación dunha capela, así como utensilios de médico e dentista.





No primeiro andar tiñan unha reprodución dunha antiga escola rural con pupitres, mapas, libros e xoguetes que empregaban os rapaces desa época.




Xa por último, visitamos a réplica da casa castrexa, casa circular de 6m. de diámetro, onde o noso guía nos ensinou como se facía o lume na antigüidade.




Nós a piques de entrar na vivenda castrexa!

 



Senén ata chegou a probar a cama castrexa!!



Pasamos un día de fábula! E de volta para o noso cole...



3 comentarios:

  1. Preciosa excursión vinieron super contentos

  1. Outra saída moi fermosa!!!

  1. Unha excursion xenial


Publicar un comentario