twitter
rss



O pasado mércores 21 de marzo, o alumnado de 2º e 3º de Educación Primaria do CEIP de Merza gravou un noticieiro local para a materia de Lingua Castelá.

Cómpre salientar a transversalidade da actividade posto que foron os propios rapaces os que inventaron as noticias e crearon a sección de publicidade, dándolle cada un o seu toque persoal.

Engadíronse outros elementos como o xoguete da publicidade (que eles mesmos fixeron), os bonecos da sección da natureza e un xilófono da clase de música que serviu para crear unha sintonía para o informativo e para as distintas partes das que se compón este noticieiro.

Sen dúbida algunha, pasámolo moi ben con esta marabillosa actividade.

A clase de 2º e 3º de Educación Primaria do CEIP de Merza e os seus mestres agardan que vostedes gosten do vídeo.

0 comentarios:

Publicar un comentario