FELICES VACACIÓNS, RAPAZADA!
A NOSA FESTIÑA DE FIN DE CURSO 2015-2016!!
AQUÍ PODEREDES VER O VÍDEO DA COREOGRAFÍA DOS MAIORES...
A CANCIÓN E BAILE DOS NOSOS PEQUENOS DINOSAURIOS
E A MELODÍA DE PIPPI CALZASLARGAS POR PARTE DE LORENA E LEONOR!
A DESCANSAR E RECARGAR AS BATERÍAS, NEN@S, PASADE UN BO VERÁN!!
Fai unhas semanas os responsables do departamento de deportes do Concello invitáronnos a participar en dúas sesións de inicio á loita grecorromana.
Na primeira sesión participaron todos os nenos do cole no noso propio ximnasio...
e na segunda sesión viaxaron os maiores do centro ao colexio de Cruces, onde compartiron sesión cos alumnos de Cruces, Forcarei e Silleda. Toda unha experiencia!
Noraboa ós nosos campeóns!
Como sabedes, dende o principio deste curso, os nenos do CEIP de Merza levamos desenvolvendo un proxecto apaixoante de PenPals coa escola Tower Hill, en Delaware, Estados Unidos.
A través desta experiencia poidemos intercambiar cartas e fotos cos nosos novos amigos americanos. Isto serviunos para aprender moitas cousas da cultura deste país e, por suposto, tamén para mellorar a nosa competencia comunicativa en lingua inglesa.
Pero onte ás 4:30 pm (10:30 am alí) por fin puidemos vernos "face to face", a través dunha conversación vía skype. Foi emocionante! Presentámonos, cantámoslles unha canción e fixemos un super quizz para ver canto sabían eles de nós e nós deles.
Dende agora levaremos para sempre no recordo a este grupo de rapaces e rapazas cos que, durante o curso 15/16, nos mensaxeamos e cos que, quizáis, algún día nos poidamos ver aquí ou acolá.
O máis importante é que descubrimos que, independentemente da nacionalidade, a raza, a cor ou o idioma todos somos nenos, coas mesmas inquedanzas, con sentimentos que son transversais e universais e que nos conectan a pesares de estar a milleiros de Kilómetros de distancia.
Dende o día 1 ata o 20 de Marzo poderanse presentar solicitudes para a admisión de novo alumnado no noso centro.
É preciso entregar este anexo cuberto:
- ANEXO II podedes descargalo dende aquí
___________________________________________
Toda a información necesaria na seguinte ORDE DE ADMISIÓN
Benvidos á inauguración do blogue do Ceip de Merza. Neste espazo virtual pretendemos abrir unha nova xanela que comunique o noso mundo educativo co mundo das novas tecnoloxías.
Agardamos que todos e todas aprendamos moito a través deste blogue e sexa un lugar de intercambio de experiencias que nos resulte satisfactorio a cada un de nós.
Unha aperta!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
















