twitter
rss


Como sabedes, dende o principio deste curso, os nenos do CEIP de Merza levamos desenvolvendo un proxecto apaixoante de PenPals coa escola Tower Hill, en Delaware, Estados Unidos. 
A través desta experiencia poidemos intercambiar cartas e fotos cos nosos novos amigos americanos. Isto serviunos para aprender moitas cousas da cultura deste país e, por suposto, tamén para mellorar a nosa competencia comunicativa en lingua inglesa. 
Pero onte ás 4:30 pm (10:30 am alí) por fin puidemos vernos "face to face", a través dunha conversación vía skype. Foi emocionante! Presentámonos, cantámoslles unha canción e fixemos un super quizz para ver canto sabían eles de nós e nós deles.
Dende agora levaremos para sempre no recordo a este grupo de rapaces e rapazas cos que, durante o curso 15/16, nos mensaxeamos e cos que, quizáis, algún día nos poidamos ver aquí ou acolá. 
O máis importante é que descubrimos que, independentemente da nacionalidade, a raza, a cor ou o idioma todos somos nenos, coas mesmas inquedanzas, con sentimentos que son transversais e universais e que nos conectan a pesares de estar a milleiros de Kilómetros de distancia.

2 comentarios:

  1. Xenial!!!

  1. Es súper bonito enhorabuena profe

Publicar un comentario