twitter
rss

O prazo para matricularse no centro por 1ª vez para o curso 2020-2021 será do 22 ao 25 de xuño (ambos inclusive) en horario de 10:00 a 14:00 h. 


➬Documentación a entregar no  centro:

  1.  Formulario a cubrir. ANEXO
  2.  Fotocopia do DNI dos pais ou titores legais.
  3.  Fotocopia do Libro de familia.
  4.  Fotocopia da tarxeta sanitaria.
  5.  2 fotos tamaño carné.
  6.  Certificación médica expedida polo pediatra.
  7.  Certificado de empadroamento expedido polo Concello.
  8.  Certificado de minusvalía, se é o caso.
  9. A solicitude terá que estar asinada por calquera das/dos titulares da patria potestade ou representantes legais. No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambas/os proxenitoras/es, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. En ambos casos, será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, a resolución xudicial correspondente para o seu cotexo polo centro educativo.
  10. Certificado do centro do que proceden no que conste o ano e ciclo que cursou ( só aqueles que fagan un traslado de colexio)

TELÉFONOS DE CONTACTO:  886151758 / 674587678
CORREO ELECTRÓNICO: ceip.merza@edu.xunta.gal

0 comentarios:

Publicar un comentario