twitter
rss


O pasado luns celebramos no Ceip de Merza un obradoiro moi interesante. En colaboración coa Cruz Vermella de Silleda, unha enfermeira foi quen de guiar unha sesión sobre a reanimación cardiopulmonar ou RCP e a nosa rápida actuación nestos casos!




 A enfermeira e voluntaria da Cruz Vermella guiounos en todo momento na elaboración da masaxe cardíaca
 en caso de parada do corazón e desmaio.






No caso dos bebés de menos dun ano, a masaxe realizarase por encima da fin do oso do esterno, presionando 15 veces seguidas con dous dedos, para non facer dano ao neno...


No caso dos nenos de máis dun ano e adultos, a masaxe realizarase por encima da fin do oso do esterno, presionando 30 veces seguidas coas dúas mans entrelazadas...



E no caso dun atragantamento, deberemos golpear entre as escápulas (nas costas) 5 veces con certa enerxía e logo rodear á persoa cos nosos brazos e presionar a boca do seu estómago durante 5 ocasións, para favorecer así a saída do corpo estrano...







Consultamos todas as nosas dúbidas e quedamos moi ben informados e listos para salvar vidas !





Todos moi atentos e preparados para a clase práctica.
















LEMBRADE A CANCIÓN DA MASAXE CARDÍACA:


0 comentarios:

Publicar un comentario