twitter
rss


Fundación Casa Museo A Solaina de Piloño


O pasado luns 4 de febreiro os menos e nenas de Merza acudimos a unha "escapada" pola nosa zona, visitando Piloño, Cruces e Fontao.



O primeiro foi ir ata Piloño, a visitar a Casa Museo do pintor Paco Lareo, onde nos ensinaron moitas cousas interesantes do artista e do lugar.








Tiñan mobles do más original...




E tivemos a sorte de contar coas explicacións da
 irmá do propio Paco Lareo!





E antes de irnos... unha foto de grupo ante un fermoso mural !!


Despois collemos rumbo cara á Festa do chorizo de Vila de Cruces, onde demos boa conta de filloas e chourizos quentiños...mmmm!!!



E xa para rematar a xornada de mañá, acudimos a Fontao, ao Museo Mineiro, onde vimos a exposición temporal de Energy cargada de experimentos moi interesantes!!

 















E xa de volta para o noso cole... pasamos unha mañá diferente!!!


1 comentarios:

  1. E que contentos viñeron coa sua excursion 3 en 1!!!

Publicar un comentario