twitter
rss



Onte, xoves 22 de novembro os nenos e nenas do Ceip de Merza foron de visita cultural a dous fermosos pazos que temos na cercanía:

PAZO DE LIÑARES 


Neste pazo barroco do século XVII  visitamos o Museo Galego da Marioneta, onde viron unha exposición permanente en contínuo crecemento, con pezas fabulosas!














A continuación visitaron o resto das dependencias do pazo e incluso visitaron a zona das antigas cabaleirizas (hoxe en día laboratorio arqueolóxico da Deputación de Pontevedra).









E logo a repoñer forzas para seguir a visita ao outro pazo...











PAZO DE ANZUXAO



Neste pazo visitaron a fábrica de queixos e a través dun vídeo didáctico aprenderon a elaboración artesanal de queixos que leva a empresa Anzuxao.


E ao rematar, menuda sorpresa!! Unha degustación de queixo!!

Mmmmm, encantoulles a todos!! 

 





E para baixar o queixo un paseo polos exteriores do pazo, onde tiñan moitas aves e incluso un estanque privado!





Tamén estaban alí unhas esculturas feitas por 
Victor Arias Souto `Vituco´










Por último, rumbo ao parque de Pontiñas, onde comeron e disfrutaron do resto do día. Deron unha pequena caminata e pasaron un tempo de lecer no parque e nos columpios...
 Un día de fábula!

2 comentarios:

  1. Outra saída fantástica

  1. Preciosa excursión

Publicar un comentario