twitter
rss


Durante dous meses traballamos na aula de Educación Infantil un proxecto sobre os alimentos e a alimentación saudable. É un tema importante no noso día a día o que espertou moito interese entre os alumnos/as. Fixemos moitas actividades: menú saudable, a importancia do almorzo, alimentos salgados e doces, clasificación dos alimentos, nova pirámide dos alimentos 2017, a importancia da hixiene, etc. Moitas delas foron xurdindo durante o día a día na aula, polo que foi moi divertido e espontáneo. Deixamos por aquí algunhas fotos do noso traballo e esperamos que vos gusten. Nós pasámolo en grande! 


Fixemos a nosa pirámide dos alimentos. 








Traballamos con froitas e verduras en plástica. 




A importancia da hixiene na alimentación. 





No recuncho do xogo simbólico levamos a cabo unha actividade na que cada día, un de nós sería o encargado dunha tenda. Encantounos comprar e vender alimentos. 







Para rematar o proxecto creamos o noso propio gorro de cociñeiros/as e fixemos unha macedonia de froitas para todo o cole. Que rico!






E aquí está o noso libro dos alimentos onde levamos para a casa todas estas actividades e moitas máis que aprendemos deste proxecto. 


3 comentarios:

  1. E que fachendosa co seu gorro e o seu coitelo.

  1. Que chulada había que avisar pq yo nunca compre en tiendas así con vendedores tan jóvenes

  1. Que ricooooo

Publicar un comentario