twitter
rss

                             VISITA AO 
PARLAMENTO DE GALICIA 



Na parte alta da escalinata principal do recinto, a que só se emprega nas solemnidades, os convidados fomos recibidos polo presidente, Miguel Santalices, membros da Mesa e dos grupos, pero tamén polos protagonistas da xornada: Carlos, Loli, Pili, Braulio e Sonia. Mesmo Tatá, o bebé da familia, tivo o seu espazo na tribuna dende a que deputadas e deputados defenden as súas propostas. 



O pasado venres 17 de marzo estivemos invitados polos Bolechas a visitar o Parlamento en Santiago de Compostela. Como non podiamos deixar pasar esta oportunidade, participamos neste evento.

 En primeiro lugar accedimos a visitar o hemiciclo ou salón de plenos.




Logo estivemos na Biblioteca, onde nun vídeo os propios Bolechas explicáronnos que é o que se fai realmente no Parlamento.




E de camiño dunha sala a outra fixémonos fotos con algún dos Bolechas, mentres iamos "recolectando" agasallos...
 


E xa por último estivemos no "Salón dos reis" onde puidemos entrar na seguinte páxina web:

http://www.parlamentodegalicia.es/OsBolechas/
 




  Pasámolo estupendamente ben e aprendimos moitas cousas interesantes. E de agasallo levamos para casa un libro de Fina Casalderrey que se titula " Icía quere cambiar o mundo", xenial!

E por se alguén quedou con ganas de repetir...


 

6 comentarios:

  1. Queremos ver mas !prooofes mas fotos!!!!

  1. Estou ardendo de gañas de velas.

  1. Pois xa están subidas! adiante!

  1. Lo pasaron genial muchas gracias

  1. Gracias por estas estupendas fotos e polas excursións tan interesantes.

  1. Que chulada de excursion!

Publicar un comentario