twitter
rss

O pasado mércores 25 de xaneiro os alumnos e alumnas do Ceip de Merza fomos visitar a exposición "Castro Deza" situada no Concello de Lalín. 


 Chegamos alí e unha guía, Ana, recibiunos con moito agarimo para a continuación explicarnos numerosas cousas da época prehistórica na comarca do Deza.




Logo de recibir a información precisa os nenos e nenas do Ceip de Merza participamos en dous obradoiros relacionados co tema Castrexo: o conto-tablet e os guerreiros do Deza.


 
Fotos de grupo para lembrar a nosa participación 
en tan boa actividade en Lalín.



 E non podía faltar unha foto do cole enteiro xunto co porquiño de Lalín, aquí estamos para o recordo...

Outra experiencia das boas!

1 comentarios:

  1. Que excursións tan divertidas!!!

Publicar un comentario