twitter
rss

Hoxe comezamos a realizar unha actividade interna que se chama  (Preparados para A MILLA). Durante uns meses (ata Febreiro ) percorreremos varias distancias. O obxectivo e chegar a febreiro coa capacidade física de todos mellorada e poder facer unha milla(1600 metros). Ó principio costaranos un pouco seguir o ritmo , pero xa veredes como segundo vaia pasando o tempo o noso corpo irase adaptando ó esforzo físico e resultaranos cada vez máis fácil manter o ritmo e conseguir o obxectivo final. Iremos subindo fotos de diferentes días.:

Foto do 1º día, toma de contacto: Ainda nos queda por mellorar pero con esforzo conseguirémolo!!! 

..................................................................................................................................................................

SEGUNDO DÍA:



Hoxe non puidemos completar o traballo por condicións climatolóxicas adversas, pero fixemos a metade do percorrido... seguimos coa preparación!!!!!

...................................................................................................................................................................
TERCEIRO DÍA :


Coa chegada do bo tempo aproveitamos para seguir preparándonos para a milla.
.........................................................................................................
 







 



1 comentarios:

  1. E a queimar enerxías, que teñen moitas para o que queren ;-)

Publicar un comentario