Para conmemorar o día da muller traballadora entre outras cousas realizamos unha pequena flor, na que cada pétalo corresponde a unha muller importante na historia ( eliximos só 8). Anque como resultado desta busca démonos de conta de que no mundo hai unha gran cantidade de mulleres que fixeron moitas cousas importantes e que non se lle recoñece o suficiente. A qui van algunhas fotos do resultado do traballo de investigación realizado!!!!.
Durante a semana do 6-10 de marzo realizamos diferentes tarefas relacionadas coas mulleres importantes da historia. Para o 8 de Marzo , cada alumno confeccionou unha tarxeta de felicitación en 3D para agradecerlle as mulleres que máis tempo pasan con elas a súa axuda e dedicación. Este foi o resultado. Esperamos vos guste!!!!
PARTICIPACIÓN NA ENCUESTA SOBRE HÁBITOS SAUDABLES!!!!! (4º,5º E 6º) (área de CC DA NATUREZA+LINGUA E LENGUA+ E.F.)
Hoxe cubrimos unha pequena encuesta sobre os nosos hábitos alimentarios, de exercicio físico, de hixiene. Para o cal por parellas debíamos entrevistar a un compañeiro ou compañeira e realizarlle unha serie de preguntas que anotaríamos para despois pasar os resultados a unhas táboas e coñecer como é o noso nivel xeral de saúde; e o máis importante , que podemos ou debemos cambiar para mellorar!!!!! Bo traballo rapaces!!!!
Ahí van unhas fotos durante as entrevistas:
O longo da semana do entroido fomos facendo unhas máscaras personalizadas (caretas) e a gusto de cada un para o entroido. Este foi o resultado final. Esperemos que vos guste!!!!
Bo traballo rapaces!!!!
O 24 de Febreiro fomos de visita ó colexio de Bandeira xunto con outros centros da zona ( onde nos recibiron fenomenalmente) e onde puidemos escoitar varios atranques e vivas dos futuros Xenerais e Xeneralas da Ulla que traballaron a reo para que nos puideramos desfrutar dun traballo excelente. Encantounos moito rapaces!!!!! Noraboa!!!!
Aquí van uns videos da visita e despois os atranques que por parellas fixemos no cole durante a clase de Lingua Galega:
Atranques do alumnado do CEIP DE MERZA (Homenaxe a Rosalía )
NORABOA RAPACES !!!! A SEGUIR ASÍ!!!! MOI BO TRABALLO.



















