Hoxe 25 de Novembro celebramos no cole e Día Internacional contra a Violencia de Xénero e contra calquer tipo de violencia. Dende a aula de 4º, 5º e 6º decimos NON A VIOLENCIA!!! Fixemos varias actividades relacionadas con esta problemática que por desgraza se ve cada día máis na sociedade actual, estas foron algunhas actividades que realizamos !!! ( Charla-coloquio sobre a Violencia de Xénero, Visionado de varios vídeos sobre o tema, realización dunha pancarta contra a violencia ,...)
Hoxe os alumnos/as de 4º,5º e 6º rematamos por fin e con moito traballo os bolos dos Minions que usaremos cando fagamos os xogos populares a modo de bolos, aquí van algunhas fotos do traballo realizado. Teño que dicir que as adornastes moi ben!!!! A seguir así!!!


Hoxe os alumn@s do Ceip de Merza queren amosarvos o ben que fan os bailes na aula de música e para mostra uns cantos vídeos...
Dende hai unhas cantas semanas viñeron ó cole para quedarse unha tempada ZIPI E ZAPE.
Entre todos participamos do seu coidado (durante a semana, os fins de semana e nas vacacións!!!!)
![]() |
| PABLO e TERESA (cambiándolle a comida, auga e o xornal) |
Hoxe rematamos as tarxetas de facer as Tarxetas de Nadal para o Concurso do Concello de Vila de Cruces. A ver se temos sorte e nos levamos algo!!!!
Moi bo traballo rapaces!!!
Cando saian os gañadores do concurso subiremos todas as vosas obras!!!!























