twitter
rss

Aquí nesta entrada iremos subindo os diferentes experimentos e curiosidades que vaiamos descubrindo na área de Ciencias da Natureza. Aprendemos experimentando e vivenciando os coñecementos.

1º) Experimentos con enerxía ou electricidade estática (moi sinxelos):

Ahí van algunhas fotos dos momentos da actividade

 
Material: Un bolígrafo de plástico e trociños de papel.





Fotos do proceso:
 


















....................................................................................................................................................................
Electricidade estática con un globo e co pelo de cada alumno:

 









Tamén probamos con uns trociños de papel.(Todos xuntos)




...................................................................................................................................................................
Hoxe aprendemos a sacar un corcho dunha botella de cristal sen rompela. Aquí está o material que utilizamos... (Moitas grazas Aldara por traernos a botella e o corcho, sen a cal non poderíamos facer o experimento)

  1.  Metemos o corcho dentro da botella.
  2. Introducimos con coidado a bolsa de plástico dentro da mesma.
  3. Sopramos para que a bolsa de prástico infle dentro da botella e arrodee o corcho
  4. Agarramos a botella forte e coa outra man dámoslle un tirón forte a bolsa para que saian a bolsa e máis o tapón.
EXPLICACIÓN:
Por qué sae o corcho da botella?  
Ao inflar a bolsa dentro da botella sustituimos o aire que está dentro da botella por aire que se atopa dentro da bolsa. Cando tiramos forte da bolsa provocamos un efecto de succión que forma un vacío (baixada de presión) o que provoca a saída do corcho como se fose absorvido.
............................................................................................................
















Ahí van algunhas fotos da excursión que fixemos a Santiago para visitar o MUSEO DE HISTORIA NATURAL onde aprendemos moito e  fixemos moitas cousas divertidas...






















.................................................................................................................................................................

                           EXPOSICIÓN NO CENTRO DOS TRABALLOS REALIZADOS

Alumnado de 4º,5º e 6º

Alumnado de 4º,5º e 6º











Os alumnos/as  do cole de Merza e máis os profes fixemos unha pequena festa para celebrar o Samaín e Halloween. Todos viñemos disfrazados para a ocasión...
  1. Traballamos un pouco nas aulas e preparamos todo ben. HOXE VAI  A SER UN GRAN DÍA!!!!!
  2. O alumnado de 4º, 5º e 6º  léronnos uns contos de medo...
  3. Despois repuxemos forzas con unha comida terrorífica: Ollos en salsa, palomitas en sangue,...etc
  4. Despois durante o recreo realizaronse uns xogos no patio relacionados co Samaín., onde o alumnado de 4º,5º e 6º actuaron de monitores.
  5. Por último vimos todos xuntos a película de "CASPER"

UN DÍA XENIAL!!!!!!!!!!!

TODOS XUNTOS!!!!!



                               
                                  Aquí tedes un pequeno vídeo cos mellores momentos!!!!














  • Hoxe comezamos a facer unha actividade integrada  cuxo tema xira arredor do Magosto.

(Durante dúas , tres sesións realizaremos varias tarefas na aula de informática).

  • Busca e selección de información, resolución de problemas matemáticos en grupos, elaboración de respostas comúns e consensuadas, descifraremos acertixos,  sopas de letras, atopar diferencias,... Despois na área de E.F. realizaremos diversos xogos que terán a castaña e o magosto como protagonista. Ahí van algunhas fotos:







Aquí están realizando o traballo de investigación!!!!! 

Coa entrada no mes de novembro, en Educación Infantil chegáronnos as ganas de castañas. Así que, para comezar a celebrar o mes do Magosto, fixemos un colar de castaña. Pintamos, picamos, pegamos e puxemos un lazo de cor laranxa.

Esperamos que vos guste!!!










Na aula de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria traballamos coa mestra de plástica as cores do outono. Aproveitando que xa nos atopamos con paisaxes máis típicas desta estación do ano, representamos no papel un pedaciño do outono. Pintamos as follas con diferentes instrumentos (culler, pauciño para os oídos, pincel, cartón de papel de cociña) e utilizamos pintura de dedos e ceras de cores. 












Durante toda a semana celebramos Samaín nas aulas do CEIP de Merza. Aproveitando a visita dos nenos de 1º, 2º e 3º á aula de Educación Infantil, fixemos manualidades para celebrar esta festa. Creamos sombreiros de araña e caretas de gato. QUE MEDO!

Pasámolo xenial!!!