twitter
rss

Mostrando entradas con la etiqueta Outono. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Outono. Mostrar todas las entradas

Coa entrada no mes de novembro, en Educación Infantil chegáronnos as ganas de castañas. Así que, para comezar a celebrar o mes do Magosto, fixemos un colar de castaña. Pintamos, picamos, pegamos e puxemos un lazo de cor laranxa.

Esperamos que vos guste!!!










Na aula de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria traballamos coa mestra de plástica as cores do outono. Aproveitando que xa nos atopamos con paisaxes máis típicas desta estación do ano, representamos no papel un pedaciño do outono. Pintamos as follas con diferentes instrumentos (culler, pauciño para os oídos, pincel, cartón de papel de cociña) e utilizamos pintura de dedos e ceras de cores. 













Hoxe en Educación Infantil fixemos unha cata de froitos de outono. Coñecemos a granada, os caquis, as noces, as améndoas, as abelás, as castañas e as uvas tintas. O caqui e as uvas gustáronnos moito. O froito que menos nos gustou foi a granada. Dos froitos secos encantáronnos as noces. 

QUE BO ESTABA TODO!!